|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A
guerra dos botóns |
| Tradución
de M. Isabel Martínez e X. Manuel Garrido |
|
| |
|
Orixinalmente publicada en 1912, A guerra dos botóns
retrata a divertida rivalidade entre os rapaces
de dúas aldeas veciñas, Longeverne e Velrans.
Chea de plans e conspiracións, o mérito
desta obra non está senón en evocarlle
ao lector unha idade que, en maior ou menor medida,
lle será moi familiar.
|
|
|
| Dúas
novas obras en Bivir |
| Peter
Pan nos xardíns de Kensington e Lord Jim |
|
| |
|
Desde xa mesmo poden descargar dende Bivir Lord
Jim, obra de Joseph Conrad e edición en galego
traducida de forma conxunta por Natalia Cora, Rebeca
Lemat e Susana Collazo e Peter Pan nos xardíns
de Kensington, do escocés James Matthew Barrié
e traducida ó galego por Irene Doval Marcos.
|
Lord
Jim, PDF
| Peter Pan nos xardíns de Kensington, PDF
|
| Yann-Vari
Perrot. Historia dunha obra de teatro |
| Goulc'han
Kervella, tradución de Carolina Díaz
García-Muñoz |
|
| |
|
Poden descargar a tradución de Carolina Díaz
da obra de teatro de Golc'han Kervella Yann-Vari
Perrot, baseada na vida dun abade independentista
bretón do século pasado.
|
Yann-Vari
Perrot. Historia dunha obra de teatro, PDF
|
| Novas
incorporacións a Bivir |
|
|
Xa están dispoñibles para a descarga
oito obras participantes na edición 2009 do premio
Plácido Castro. Son as seguintes:
·As traducións de Rafael Salgueiro de
Como contar un conto e outros, de Mark Twain
e o clásico de Rudyard Kipling O libro da
selva;
·Corazón de can, de Mikhail Bulgakov
e traducido por Fernando de Castro;
·As traducións de María Reimóndez
de O soño da sultana, de Rokeya Sakhawat
Hussain e A historia de Mary Prince, escrito
pola autora do mesmo nome;
·A tradución de Emilio Pérez da
obra de Horace Walpole O castelo de Otranto.
·Dúas obras traducidas por Luis De la
Calle Carballal: Carmilla, de Joseph Sheridan
Le Fanu e O almofadón de plumas de Horacio
Quiroga.
Por outra banda, incorpórase á Biblioteca
científica a tradución de Silvia Collazo
do artigo de Walter Benjamin "Über Sprache
überhaupt und über die Sprach des Menschen"
(Sobre a lingua en xeral e sobre a lingua do ser
humano), no que o autor expón as súas
ideas sobre a linguaxe, que posteriormente exercerían
unha grande influencia sobre os pensadores da Escola
de Frankfurt.
Poden atopar todas estas traducións para descarga
en formato PDF nas nosa seccións Obras
e Biblioteca científica.
|
| O
carteiro de Neruda |
| Antonio
Skármeta, tradución de X. M. Rivas |
|
| |
|
Xa dispoñible en Bivir a tradución
de El cartero de Neruda ó galego, de
X. M. Rivas. Nesta obra, Mario Jiménez decide
deixar o seu traballo de pescador para converterse
no carteiro de Illa Negra, onde a única persoa
que recibe e envía cartas é o Pablo
Neruda, poeta ó que Jiménez admira profundamente.
Cada día ten a esperanza de que o escritor
lle dedique un libro, ou de que estableza con el unha
relación máis aló do breve intercambio
de palabras cotián. Finalmente o seu desexo
verase recompensado.
|
O
carteiro de Neruda, PDF
|
| Novas
traducións de Xoao Riel |
|
| |
|
Incorporadas a Bivir as novas traducións de
Xiao Roel das obras O monograma, do escritor
grego Odysseas Elytis (gañador do premio Nobel
de literatura en 1979) e O cimiterio mareiro,
do poeta francés Paul Valéry.
|
O
monograma , PDF
| O cimiterio mareiro, PDF
|
| Derradeiras
incorporacións ó Placido Castro
2007 |
|
| |
|
Xa poden descargar as derradeiras incorporacións
que van competir polo premio de tradución Plácido
Castro do ano 2007. Trátase de Kornél
Esti (de Dezsõ Kosztolányi), traducida
ó galego por Jairo Dorado Cadilla e das traducións
de Perfecto Andrade de Unha estación infernal
(de Arthur Rimbaud) e Discurso da servidume voluntaria
(de Étienne de la Boétie).
Estas tres obras únense pois ás traducións
de A illa misteriosa, O viaxeiro astral
e de varios relatos curtos de Katherine Mansfield,
tamén dispoñibles para a descarga dende
esta mesma páxina.
|
Kornél
Esti, PDF
| Unha estación infernal, PDF
| Discurso da servidume voluntaria, PDF
|
| A
illa misteriosa |
| Xulio
Verne , tradución
de Ánxela Gracián |
|
| |
Atopámonos
ante unha das novelas máis lidas de Xulio Verne,
publicada por primeira vez en 1874. Narra as aventuras
de cinco estadounidenses durante a súa convivencia
nunha illa descoñecida do Pacífico durante
o período da Guerra Civil Estadounidense. A fame
e a morte causados pola guerra lévaos a tomar a
difícil decisión de deixar o país.
Tras varios días de viaxe chegan a unha illa volcánica
situada ó leste de Nova Zelandia, na que terán
que aprender a sobrevivir para poder saír adiante.
O que non saben é que na Illa Lincoln, como a bautizan
estes cinco náufragos, agocha un segredo moito
maior do que ningún deles tería imaxinado
xamais... |
|
|
|
|
 |
|
|
As
versións en galego dos textos incluídos
son propiedade dos seus tradutores e están amparadas
polo correspondente rexistro de propiedade intelectual.
Poden
empregarse libremente para uso particular ou docente.
Calquera edición venal destes textos debe ser acordada
previamente coa ATG. |
|
|
|
©2007, Asociación
de Tradutores Galegos
|
|