Dende a primeira edición do Plácido Castro, hai xa sete anos, o certame achega a tódolos galegos algunhas das mellores obras da literatura universal ás súas propias casas. Xa poden ler as traducións que van participar na convocatoria de 2007.

Xa poden acceder ás versións en PDF das traducións de María Ana Valladares de varios relatos da autora neozelandesa Katherine Mansfield Beauchamp (1888-1923), considerada por moitos coma unha das mellores autoras de relatos curtos da súa época e todo un símbolo nacional de Nova Zelandia.
As obras traducidas son a historia longa "Na baía" (1922) e os relatos curtos "A lección de canto" (1922), "A señorita Brill" (1922), "A vida de Ma Parker" (1922), "Felicidade" (1920), "Festa no xardín" (1921) e o seuúltimo traballo, "O canario" (1923).

                                        





 
 
 
 

Incorporadas a Bivir as novas traducións de Xiao Roel das obras O monograma, do escritor grego Odysseas Elytis (gañador do premio Nobel de literatura en 1979) e O cimiterio mareiro, do poeta francés Paul Valéry.

O monograma , PDF | O cimiterio mareiro, PDF

 

 

Xa poden descargar as derradeiras incorporacións que van competir polo premio de tradución Plácido Castro do ano 2007. Trátase de Kornél Esti (de Dezsõ Kosztolányi), traducida ó galego por Jairo Dorado Cadilla e das traducións de Perfecto Andrade de Unha estación infernal (de Arthur Rimbaud) e Discurso da servidume voluntaria (de Étienne de la Boétie).
Estas tres obras únense pois ás traducións de A illa misteriosa, O viaxeiro astral e de varios relatos curtos de Katherine Mansfield, tamén dispoñibles para a descarga dende esta mesma páxina.

Kornél Esti, PDF | Unha estación infernal, PDF | Discurso da servidume voluntaria, PDF

 

 
Atopámonos ante unha das novelas máis lidas de Xulio Verne, publicada por primeira vez en 1874. Narra as aventuras de cinco estadounidenses durante a súa convivencia nunha illa descoñecida do Pacífico durante o período da Guerra Civil Estadounidense. A fame e a morte causados pola guerra lévaos a tomar a difícil decisión de deixar o país.
Tras varios días de viaxe chegan a unha illa volcánica situada ó leste de Nova Zelandia, na que terán que aprender a sobrevivir para poder saír adiante. O que non saben é que na Illa Lincoln, como a bautizan estes cinco náufragos, agocha un segredo moito maior do que ningún deles tería imaxinado xamais...
Nova tradución | Descargar en PDF



 
Aínda que O viaxeiro astral é bastante menos coñecida que outros libros de Jack London, non deixa de ser unha obra conmovedora. O protagonista é un home acusado de asasinato, ó que torturan e condenan a levar camisa de forza e que vive confinado á soidade e escuridade da súa celda. A súa vontade por saír dese inferno lévao a aprender proxección astral, que lle permite ó seu espírito saír do seu corpo e visitar outros lugares e vivir vidas pasadas. Ó igual que noutros traballos de London, a rebelión, a forza de espírito e a vontade son os temas principais da obra, pero é única no senso de que o protagonista non sae vitorioso senón mediante a rendición, mediante a súa vontade por deixar atrás a existencia.
Nova tradución | Descargar en PDF

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Quere estar ó día sobre as novidades de Bivir? Visite o noso novo histórico de noticias.

 

 

 

As versións en galego dos textos incluídos son propiedade dos seus tradutores e están amparadas polo correspondente rexistro de propiedade intelectual. Poden empregarse libremente para uso particular ou docente. Calquera edición venal destes textos debe ser acordada previamente coa ATG.

 

 

©2007, Asociación de Tradutores Galegos