A páxina de Bivir non se ve ben no seu navegador?

Pode darse o caso de que a nosa web non se visualice correctamente no seu navegador; na maoría dos casos deberase a que está a empregar unha versión non actualizada. É recomendable o uso das últimas versións dispoñibles xa que non só aseguran a compatibilidade e correcta visualización de tódalas páxinas web, senón que tamén corrixen importantes erros de seguridade que lle axudarán a mante-lo seu ordenador libre de calquera tipo de virus ou programa malicioso. A continuación ten enlaces ás páxinas de descarga dos navegadores máis estendidos:

 


Firefox
Opera
Internet Explorer
 








Non pode abri-los textos descargados de Bivir?

A grande maioría dos textos da páxina de Bivir están en formato web (HTML) ou PDF; tentaremos ir adaptando o arquivo de traducións a este último formato xa que a súa versatilidade é moito maior. Para visualizar este tipo de

arquivos terá que ter instalado o programa Adobe Reader no seu ordenador.  

Outras das traducións da páxina poden vir comprimidas nun arquivo zip; para abrilas necesitará dun programa de

compresión como WinRar ou Winzip.  

A continuación ten enlaces ás páxinas oficiais destas utilidades, nas que as poderá descargar de forma gratuíta.  

 
Adobe Reader
WinRar









Algunha outra dúbida, suxestión ou problema?

Se durante o seu paso por Bivir observa algún problema como o mal funcionamento dun enlace, por favor comuní-
quenolo e resolverémolo coa maior brevidade. Tamén pode contactar connosco ou co webmaster para facernos algún

comentario ou suxestión sobre a web  
 


 

 

 

 

©2007, Asociación de Tradutores Galegos