|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Decisión
do xurado para a VI edición do premio Plácido
Castro [2006] |
| [23 de xaneiro
de 2007] |
| O
xurado do premio Plácido Castro de Tradución,
reunido en Baiona o 20 de xaneiro de 2007, decidiu outorgarlles
o premio correspondente a 2006 ex aequo a Xoán
Montero Domínguez, pola tradución de O
banqueiro anarquista, de Fernando Pessoa, e a Ekaterina
Guerbek (texto revisado por Maite Veiga), pola tradución
de Diario dun tolo de Nikolai Gógol. |
| |
| Bivir
galardoada no XVI Premio da Asociación de Libreiros |
| [27 de marzo de
2007] |
| A
biblioteca Bivir da Asociación de Tradutores
Galegos recibiu o pasado día 23 o Premio da Asociación
de Libreiros, na súa modalidade de Medios de
Comunicación e Novas Tecnoloxías. Xulián
Maure, fundador da biblioteca, pronunciou unhas palabras
nas que resaltou a importancia que teñen as novas
tecnoloxías para familiarizar o público
coa lectura. O libro impreso en papel e o libro dixital
non son inimigos e poden complementarse para conseguir
aumentar os índices de lectura no país.
O anterior presidente da ATG engadiu que Bivir é
unha biblioteca pública, que recibe un grande
número de visitas, e que polo tanto debería
ser financiada con diñeiro público. |
| |
| A
ATG quere agradecerlles ós libreiros este premio,
pois supón o recoñecemento do traballo
dos membros da asociación e tamén do papel
que van ter as novas tecnoloxías, nun futuro
non moi afastado, na difusión dos textos en galego. |
|
|
|
©2007, Asociación
de Tradutores Galegos
|
|