Voltar

Xabier Campos

O supermercado

Versión galega de X. M. Rivas

 

"No que tal vez sexa a véspera dunha espantosa imposición de morte

e destrución sobre a poboación de Iraq –unha poboación, hai que engadir,

da que máis do 50% é menor de 15 anos–, O Senado de Estados Unidos permanece

calado. O Senado de Estados Unidos segue traballando como se non pasara nada.

Verdadeiramente estamos camiñando sonámbulos pola historia"

Russel Byrd, senador norteamericano, febreiro de 2003

 

 

 

 

Hoxe non vou falar da guerra contra Iraq

Senón dun supermercado

Cheo das máis diversas comidas, inimaxinables,

Necesarias e non necesarias, froitas dos máis apartados

recantos do planeta, arroces de tódolos tamaños, brancos

e de colores variados, os que producían os indíxenas

norteamericanos, os que producían fai milenios os chinos en Asia,

os hindús nos seus xantares aromáticos e sensuais,

porque todo o mundo sabe que o Kama Sutra

se escribiu despois de xantar ben

aquí viven as mazás recendentes de diferentes colores e sabores,

esas que nalgunhas partes do mundo non se viron como se ven

neste supermercado, as que en Cuba son obxectos de ouro,

que xamais se deron alí pero si a súa doce cana de azucre,

que tamén está aquí neste supermercado,

e as uvas de Chile, rosadas e negras, brancas e xigantes

como olivas de Sevilla, tamén os queixos de Francia,

de Alemaña, do chuvioso Oregon, verduras que veñen

de China, Malasia, Madagascar, Vietnam,

ou de América Central o recendente cilantro ou o ají poderoso de

Oaxaca, a cervexa de Polonia, Rusia ou Nova York,

o ron de Nicaragua ou o máis delicioso "Habana Club" de Cuba,

os xamóns do país Vasco, as laranxas xigantes

de Florida e as de Andalucía, os tomates de Guadalaxara,

as cebolas chilenas para o cerviche peruano,

o pan feito de cereais infinitos deixan o arrecendo a casa quente

e fraterna, o pan de cada día está aquí cada hora,

sempre, ninguén pasará fame neste supermercado,

e o viño de Chile, de Arxentina, Galicia, Australia, Alemaña,

Hungría y de California,

todo está aquí neste xardín, todo

para as nosas necesidades e as necesidades

que non necesitamos, pero tamén as necesidades que soñamos

aquí nos estantes ao alcance da man

están os froitos do universo, tranquilos e apracibles,

dispoñibles, a xente que camiña por este supermercado

cre que estes lugares marabillosos

están en tódalas partes do mundo,

mesmo nos máis apartados lugares de Iraq

este lugar é o Xardín do Edén

pero o Edén estivo historicamente

en Babilonia, moi cerca de Bagdad,

a que fora unha das cidades más fermosas de Oriente

e os seus xardíns colgantes contábanse

entre a sete marabillas do mundo.

porque Bagdad tamén foi a cidade onde nada máis ca alí

puideron inspirarse as historias

de "As mil e unha noites" despois que os amantes

comeron e beberon enchendo o corazón de amor e pracer,

pero máis ao sur de Bagdad estaba a cidade de Ur,

fundada no ano 4000 a. C. Onde naceu o patriarca Abraham,

venerado por xudeus, cristiáns e mahometanos

pero ninguén pensa neste supermercado que millóns de bombas

caen neste momentos sobre esa antiga Mesopotamia,

("o berce das primeiras civilizacións humanas do vello

mundo", di a mesmísima Enciclopedia Británica);

pero neste supermercado tampouco ninguén pensa na guerra

nin na antiga Mesopotamia, nin no patriarca Abraham

nin nos contos de "As mil e unha noites"

nin nas bombas nucleares

nin en millóns de mortos que van caer alí coma insectos

polo aire contaminado, polo fume con uranio das bombas,

impurificando as augas, os xardíns, os campos, os vales,

os ríos e os golfos, e tódalas sementes

para producir estes fermosos produtos deste supermercado

apracible, solitario e con música ambiental

porque a terra será convertida alí, por moito tempo,

en partículas de uranio ou bañadas por billóns de galóns

de petróleo cru

nesta Cornucopia xigantesca –ou no corno da abundancia–

ninguén sabe qué significa a guerra

porque esa palabra non se pronunciou xamais entre estas

verduras, entre estes preciosos cereais,

os milleiros de sacos con milleiros de grans de aromáticos cafés,

os mananciais de leite con moita graxa,

con pouca graxa ou sen graxa,

as variadas carnes, os peixes saborosos de tódolos ríos

e mares do planeta, o pracer de comer uvas

en calquera tempo do ano,

degustar os viños incontaminados e despois facer o amor

ou sexa, ter a vida case perfecta;

eu non quería falar da guerra neste momento

senón deste supermercado onde

cada día paso a buscar os meus alimentos necesarios

alegre

feliz

e sen mencionar nunca

a palabra

GUERRA.

 

 

Nota:

O poema "O supermercado" pertence ó libro inédito que se publicará en 2005 en Chile.