1Na pequena vila de Vevey, en Suíza, atópase un hotel especialmente confortable. Haber, en efecto, hai moitos hoteis pois os turistas son o principal negocio desta localidade que, como lembrarán moitos viaxeiros, descansa á beira dun lago extraordinariamente azulado, un lago que engaiola a todo aquel que o visita. A marxe deste lago presenta unha distribución ininterrompida de establecementos da índole mencionada e de tódalas categorías: dende o modernísimo grand hotel de impecable fachada branca, cun cento de galerías e cunha ducia de bandeiras pendurando do tellado, ata a pequena e enxebre pension suíza con nome de aspecto alemán inscrito nun muro rosa ou amarelo e cun estraño cenador situado en ángulo co xardín. Así e todo un destes hoteis de Vevey é especialmente coñecido, aínda diría que clásico, cun aire de luxo e madurez que o distingue dos seus numerosos e estraños veciños. Nesta rexión, no mes de xuño, o número de viaxeiros estadounidenses é extremadamente numeroso. Ben podería dicirse que Vevey asume neste período algunhas das características propias dun balneario estadounidense. Hai escenas e sons que evocan unha visión, un eco de Newport e Saratoga. Existe un bolboreteante ir e vir de mociñas estilosas, un rozar de volantes de muselina, un resoar de música de baile na madrugada, un agudo soar de voces a todas horas. Un pode decatarse de todos estes elementos no excelente hotel Trois Couronnes, e deixarse transportar polo maxín cara a Ocean House e o Congress Hall. Mais teño que engadir que na Trois Couronnes existen outros trazos que entran en contradicción con estas observacións: camareiros alemáns impecables que semellan secretarios dunha legación, princesas rusas sentadas no xardín, rapaciños polacos paseando pola man das aias, a vista do cumio nevado do Dent du Midi e as pintorescas torres do castelo de Chillon. Saber de certo non sei se estas analoxías ou diferencias eran a principal preocupación dun mozo estadounidense que, hai dous ou tres anos, sentaba no xardín do Trois Couronnes, contemplando, un tanto ocioso, algúns dos graciosos elementos que veño de mencionar. Era unha fermosa mañá de verán e calquera que fose o xeito en que o mozo estadounidense estivese a mirar todas estas cousas, seguro que lle deberon parecer ben xeitosas. Chegara de Xenebra o día anterior, no pequeno vapor, para ve-la súa tía que estaba hospedada nun hotel Xenebra fora durante moito tempo o seu lugar de residencia. Mais á tía doíalle a cabeza - á tía case sempre lle doía a cabeza- e agora estaba pechada no seu cuarto cheirando alcanfor, de xeito que tiña liberdade para andar de vagar. Tiña uns vintesete anos de idade. Cando os seus amigos falaban de el normalmente dicían que estaba en Xenebra, "estudiando". Cando os seus inimigos falaban de el dicían mais, despois de todo, non tiña inimigos. Era un tipo extremadamente afable, e de todos querido. Simplemente habería que mencionar que cando certas persoas falaban de el afirmaban que a razón pola que pasaba tanto tempo en Xenebra era porque estaba perdidamente namorado dunha dama que alí vivía - unha dama estranxeira- unha muller máis vella ca el. Moi poucos estadounidenses - de feito coido que ningún- viron esta dama da que se contan singulares historias. Winterbourne, sen embargo, sentía un apego que lle viña de vello pola pequena metrópole do calvinismo. Internárano alí de rapaz nun colexio e despois fora á universidade, circunstancias que o levaran a formar unha cantidade considerable de amizades durante a súa mocidade. Conservara moitas delas e eran para el fonte de grande satisfacción. Despois de petar na porta da tía e comprobar que se atopaba indisposta, marchara dar un paseo pola vila, e despois volvera para almorzar. Rematara agora o almorzo e estaba bebendo un pocillo de café que lle fora servido nunha mesiña do xardín por un dos camareiros con pinta de agregado. Por fin acabou o café e prendeu un cigarro. Neste instante apareceu un rapaciño que viña paseando polo camiño, un pillabán de nove ou dez anos. O cativo, que era diminuto para o seu tempo, tiña unha expresión adulta no rostro, pel pálida e delicadas faccións angulares. Vestía uns bombachos, con medias encarnadas, que revelaban unhas perniñas longas e fracas coma dous garabullos; tamén levaba unha rechamante gravata encarnada. Portaba na man un caxato de alpinista e andaba a espeta-la aguda punta do seu extremo en todo o que se lle poñía diante: as flores, os bancos do xardín, as colas dos vestidos das mulleres. Detívose diante de Winterbourne, mirando para el co seu par de penetrantes e vibrantes olliños. - ¿Dáme un terrón de azucre? Preguntou cunha voceciña aguda e forte unha voz inmadura, e sen embargo, de algún xeito, non nova. Winterbourne ollou cara a mesiña que tiña ó seu carón, onde se atopaba o seu servicio de café, e viu que quedaban varias porcións de azucre. Si, colle un - respondeu- pero non creo que o azucre sexa moi bo para os rapaces. O rapaciño este deu un paso adiante e coidadosamente seleccionou tres dos ansiados fragmentos, dous dos cales agochou no peto dos seus bombachos, depositando axiña os outros noutro lugar. Co caxato, que agora levaba collido a xeito de lanza, tentou o banco de Winterbourne ó tempo que intentaba parti-lo terrón de azucre cos dentes.
- ¡Ai, demo, que duuuuro! - exclamou cun acento característico. Winterbourne decatárase de seguida de que podía te-la honra de incluílo entre os seus compatriotas. - Coidado, non vaia ser que rompa-los dentes - dixo, paternal. - Non teño dentes que romper. Caéronme todos. Só me quedan sete. Miña nai contounos onte pola noite e xusto despois caeu un. Dixo que me daría unha labazada se me caían máis. Eu non teño culpa. É esta Europa vella. É o clima que fai que caian. Nos Estados Unidos non caían. Son estes hoteis. Winterbourne estaba desfrutando moito. De comére-los tres terróns de azucre seguro que túa nai che vai dar unha labazada - dixo. - Daquela, ten ela que darme caramelos. - retrucou o seu xove interlocutor Aquí non podo comprar caramelos, caramelos estadounidenses. Os caramelos estadounidenses son os mellores. - ¿E os rapaces estadounidenses son tamén os mellores? - preguntou Winterbourne. - Non sei. Eu son estadounidense - dixo o neno. - Vexo que es un dos mellores - dixo Winterbourne rindo. - ¿É vostede estadounidense? - inquiriu este vivaz infante. E logo, trala resposta afirmativa de Winterbourne, - Os homes estadounidenses son os mellores - declarou. O seu compañeiro agradeceulle o cumprido, e o rapaz, que agora se esquecera do seu caxato de alpinista, quedara en pé diante del mirándoo, mentres atacaba un segundo terrón de azucre. Winterbourne preguntábase se el fora así de rapaz, pois fora pola mesma idade cando o trouxeran a Europa. - ¡Aquí ven miña irmá! - berrou o rapaz de súpeto. - É estadounidense. Winterbourne mirou cara o camiño e viu achegarse unha fermosa moza. - As rapazas estadounidenses son as mellores - díxolle ledamente ó seu xove compañeiro. - ¡A miña irmá non é a mellor! - declarou o rapaz Sempre me zosca. - Imaxino que a culpa será túa, non dela - dixo Winterbourne. Mentres tanto a moza achegárase onda eles. Estaba vestida de muselina branca, cun cento de encaixes e volantes e lazos de pálidas cores. Ía coa cabeza descuberta pero na man equilibraba un parasol enorme cun ancho reberete bordado. E era abraiantemente, admirablemente bonita. ¡Que fermosas son! - pensou Winterbourne, enderezándose no seu asento, como preparándose para se erguer. A moza parou diante do seu banco, preto do parapeto do xardín que tiña vistas ó lago. O cativo convertera agora o seu caxato nunha pértega, coa axuda da cal andaba a brincar no cascallo, facéndoa saltar e non pouco. - Randolph - dixo a moza- ¿Que andas a facer? - Estou escalando os Alpes - replicou Randolph- ¡Por aquí vai o camiño! - E deu outro saltiño, lanzando grava ata as orellas de Winterbourne. - Por aí foi por onde baixaron - dixo Winterbourne. - ¡É estadounidense! - berrou Randolph coa súa agreste vociña. A moza fixo caso omiso desta proclamación aínda que mirou de fronte a seu irmán. Ben, penso que deberías acougar - observou sinxelamente. Pareceulle a Winterbourne que aquelo fora, de algún xeito, unha presentación. Ergueuse e, desfacéndose do cigarro, dirixiuse lentamente cara a moza. Este rapaciño e máis eu acabamos de entaboar amizade - dixo con grande educación. En Xenebra, como sabía perfectamente, un mozo non tiña licencia para falar cunha moza solteira a non ser que fose baixo certas condicións que raramente acontecían; máis aquí, en Vevey, ¿qué condicións poderían ser mellor ca estas? -unha fermosa moza estadounidense que se achega e se para diante de un no xardín. Sen embargo, esta fermosa moza estadounidense, ó escoita-la observación de Winterbourne, o único que fixo foi miralo, simplemente. Logo volveu a cabeza e mirou por riba do parapeto, cara o lago e as montañas da outra beira. El preguntábase se aquelo fora excesivo pola súa banda, mais decidiu que en vez de retirarse debía avanzar máis. Mentres pensaba qué dicir, a moza volveu tornar cara o rapaz. - Gustaríame saber onde conseguiches ese pau - dixo ela. - ¡Compreino! - respondeu Randolph. - ¿Non pensarás levalo a Italia? - ¡Si, vouno levar a Italia! - declarou o rapaz. A moza botoulle unha ollada á parte dianteira do seu vestido e alisou o lazo. Logo volveu pousa-los ollos na distancia. Ben, supoño que o mellor será que o deixes nalgún lado - dixo despois dun anaco. - ¿Van ir a Italia? - Preguntou Winterbourne, cun ton moi respectuoso. A moza volveu o seu ollar cara el. Si, señor replicou. E non dixo nada máis. - ¿Van va-van ir polo Simplon? - Continuou Winterbourne, un pouco avergonzado. - Non sei. - dixo ela- Supoño que é unha montaña. Randolph, ¿que montaña imos cruzar? - ¿Onde imos? - Demandou o rapaz. - A Italia. - explicou Winterbourne. - Non sei. - dixo Randolph- Non quero ir a Italia. Quero volver ós Estados Unidos. - ¡Italia é un lugar precioso! - refutou o mozo. - ¿Pódense comprar caramelos? - instigou Randolph ruidosamente. - Espero que non. - dixo a irmá- Penso que xa comiches caramelos abondo, e mamá tamén pensa o mesmo. - Hai tanto que non como un, ¡polo menos cen semanas! - berrou o rapaz, que seguía choutando. A moza inspeccionou os seus volantes e volveu alisa-los lazos, e Winterbourne de contado arriscouse a facer unha observación sobre a beleza da vista. Estaba deixando de sentirse avergonzado ó empezar a notar que ela non sentía vergonza ningunha. O seu engaiolante rostro non sufrira nin a máis lixeira alteración. Evidentemente non estaba nin ofendida nin adulada. Que mirara cara outro lado cando el lle falaba e aparentara non lle estar prestando especial atención, este era simplemente un hábito, un xeito dela. Con todo, conforme el ía falando e salientando algún dos aspectos de interese da paisaxe, coa que ela non parecía estar especialmente familiarizada, ela gradualmente se dignou a concederlle o agasallo do seu mirar. E logo viu que este mirar dela era enteiramente directo e afouto. Non era, así todo, o que se podería chamar un mirar pouco modesto, pois os ollos da moza eran estrañamente honestos e puros. Eran uns ollos marabillosamente fermosos. E, efectivamente, pasara xa moito tempo dende a última vez que Winterbourne vira algo tan fermoso coma os variados trazos desta atractiva compatriota súa: a súa pel, o seu nariz, as súas orellas, os seus dentes. Sentía unha grande predilección pola beleza feminina. Observala e analizala era a súa adicción. E no tocante ó rostro desta moza fixera unha serie de observacións. Non era totalmente insípido, mais non era exactamente expresivo; e aínda que era eminentemente delicado, Winterbourne mentalmente acusouno, e por compaixón, de falta de acabado. Considerou que sería moi posible que a irmá de Master Randolph fose unha coqueta. Estaba seguro de que tiña un espírito de seu. Mais no seu pequeno, elegante, doce e superficial rostro non había farsa nin ironía ningunha. Ó pouco parecía obvio que estaba máis que disposta a conversar. Díxolle que ían pasa-lo inverno en Roma, ela e a súa nai e Randolph. Preguntoulle se era estadounidense "auténtico". Non llo parecera, tíñalle máis ben aspecto de alemán díxolle isto despois dunha pequena dúbida, especialmente cando o escoitou falar. Winterbourne, rindo, respondeu que coñecera alemáns que falaban coma estadounidenses; pero, polo que el lembraba, non coñecera a ningún estadounidense que falase coma un alemán. Logo el preguntoulle se non estaría máis cómoda sentada no banco que el acababa de deixar. Ela respondeu que lle gustaba estar de pé e pasear, mais de seguida sentou. Díxolle que era do Estado de New York non sei se sabe onde se atopa- Winterbourne indagou máis información sobre ela ó pilla-lo seu esbaradizo irmanciño e facelo sentar uns minutos ó seu carón. - ¿Como te chamas, rapaz? - dixo. - Randolph C. Miller - respondeu dilixente o neno - E dígolle como se chama ela. E elevou o seu caxato á altura da irmá. - ¡Deberías esperar a que se che pregunte! - dixo esta moza tranquilamente. - Gustaríame moito sabe-lo seu nome - dixo Winterbourne. - ¡Chámase Daisy Miller! - berrou o rapaz Pero ese non é o seu nome real; ese non é o nome das súas tarxetas. - Éche unha magoa que non teñas contigo ningunha das miñas tarxetas. - dixo Miss Miller. - O seu nome real é Annie P. Miller. - continuou o rapaz. - Pregúntalle a el como se chama - dixo a súa irmá, sinalando a Winterbourne. Pero neste intre Randolph amosou total indiferencia ó respecto. Seguiu a proporcionar información sobre a súa propia familia. - Meu pai chámase Ezra. B. Miller. - anunciou Meu pai non está en Europa, meu pai está nun sitio mellor ca Europa. Winterbourne imaxinou por un momento que así era como lle fixeran comprender ó rapaz que Mr. Miller pasara a mellor vida e gozaba agora da paz celestial. Máis Randolph inmediatamente engadiu Meu pai está en Schenectady. Ten un negocio moi grande. Meu pai é rico. - Ben, - exlamou Miss Miller, baixando o parasol e mirando os bordados remates das beiras. Winterbourne soltou o rapaz de contado e este marchou, arrastrando o caxato polo camiño. Non lle gusta Europa - dixo a moza Quere volver. - A Schenectaday, ¿nonsí? - Si. Quere ir dereito a casa. Aquí non ten moitos rapaces. Hai un, pero sempre sae cun mestre. Non o deixan xogar. - ¿E o teu irmán non ten mestre? - instigou Winterbourne. - Miña nai pensou en contratar alguén para que viaxase connosco. Unha muller faloulle de un profesor moi bo, unha estadounidense se cadra vostede a coñece Mrs. Sanders. Creo que é de Boston. Faloulle deste profesor e pensamos contratalo para que viaxase connosco. Pero Randolph dixo que non quería ter un profesor viaxando connosco. Dixo que non quería ter clases mentres andaba no tren. E no tren pasámo-la metade do tempo. No tren coñecimos unha muller inglesa, creo que se chamaba Miss Featherstone, se cadra a coñece. Ela quería saber por qué eu non lle daba classes a Randolph - "instrucción", chamáballe ela. Penso que el podía darme máis instrucción a min da que lle podo dar eu a el. É moi intelixente. - Si, - dixo Winterbourne parece moi intelixente. - Tan pronto como cheguemos a Italia, mamá vaille conseguir un mestre. ¿Teñen bos mestres en Italia? - Penso que moi bos - dixo Winterbourne. - Se non, vaille buscar colexio. Debería aprender máis. Só ten nove anos. Vai ir á universidade. E deste xeito Miss Miller seguiu a conversar sobre os asuntos da familia, e sobre outros temas. Sentou alí coas mans, fermosas en extremo e adornadas con refulxentes aneis, cruzadas sobre o seu regazo e cos fermosos ollos agora repousando sobre os de Winterbourne, agora vagueando polo xardín, por entre a xente que pasaba, pola impresionante paisaxe. Falaba con Winterbourne coma se o coñecese de vello. Isto compracíao moito. Pasaran moitos anos dende a última vez que escoitara falar tanto a unha moza. Desta descoñecida que viñera sentar do seu par ben puidera dicirse que era unha falangueira. Estaba moi calma, sentada en actitude adorable e tranquila, pero os labios e os ollos estaban a moverse constantemente. Tiña unha voz doce, fráxil e agradable e o seu ton era decididamente sociable. Deulle a Winterbourne conta detallada dos seus movementos e intencións en Europa, e dos da nai e dos do irmán e enumerou en particular os distintos hoteis nos que se hospedaran. Aquela inglesa do tren, - dixo Miss Featherstone, preguntoume se os estadounidenses non viviamos todos en hoteis. Díxenlle que ata que cheguei a Europa nunca na miña vida estivera en tantos hoteis. Nunca vira tanto hotel xunto aquí non hai máis que hoteis. Pero Miss Miller non fixo esta puntualización en ton reprensivo; parecía estar do mellor humor. Declarou que os hoteis eran moi bos, unha vez que se afacía un ás formas, e que Europa era lindísima. Non estaba decepcionada nin miga. Se cadra era porque oíra falar tantísimo dela. Tiña tantísimos amigos íntimos que estiveran aquí tantísimas veces. E logo recibira tantísimos vestidos e cousas de París. Sempre que se poñía un vestido de París sentía coma se estivese en Europa. - É coma unha especie de chapeu dos desexos - dixo Winterbourne. - Si - dixo Miss Miller, sen examinar esta analoxía- sempre me fixo desexar estar aquí. Pero non necesitaba vir aquí por vestidos. Estou segura que envían tódolos bonitos ós Estados Unidos; aquí vense os máis terribles. O único que non me gusta - proseguiu- é a vida de sociedade. Non hai ningunha, e se a hai, non sei onde se agocha. ¿E vostede? Supoño que haberá vida social nalgunha parte, mais o que é eu non a vin. Gústame moito a vida de sociedade e sempre saín moito, non só en Schenectady senón tamén en New York. Ía a New York cada inverno. En New York tiven moita vida social. O pasado inverno invitáronme a dezasete cenas; e tres delas organizadas por cabaleiros - engadiu Daisy Miller Teño unha chea de amistades en New York que en Schenectady - máis amistades masculinas e de damas tamén- apurou nun momento. Detívose outra vez un instante; estaba mirando a Winterbourne con toda a beleza dos seus vivos ollos e do seu leve, lixeiramente monótono sorriso. Sempre recibín - dixo- moitas invitacións de parte de cabaleiros. O pobre Winterbourne estaba entretido, perplexo e decididamente engaiolado. Nunca escoitara unha rapaza nova expresarse deste xeito; nunca, polo menos, exceptuando casos nos que dicir semellantes cousas parecía un tipo de evidencia demostrativa dunha certa lixeireza de comportamento. E sen embargo, ¿ía el acusar a Miss Daisy Miller de inconduite real ou potencial, como dicían en Xenebra? Sentía que levar tanto tempo vivindo en Xenebra lle fixera perder moito. Chegara a esquece-lo xeito estadounidense. Nunca, de certo, posto que madurecera abondo para apreciar certas cousas, atopara unha rapaza estadounidense dunhas características tan pronunciadas coma esta. Abofé que era do máis encantadora; ¡mais que terrorificamente sociable! Era simplemente unha fermosa moza do estado de New York. ¿Eran todas así, as mozas xeitosas que recibían invitacións de cabaleiros? ¿Ou era ela tamén unha mociña arteira, audaz e sen escrúpulos? Winterbourne perdera o seu instinto neste tema, e o seu intelecto non o podía axudar. Miss Daisy Miller parecía extremadamente inocente. Uns dixéranlle que, despois de todo, as mozas estadounidenses eran terriblemente inocentes; e outros dixéranlle que, despois de todo, non o eran. El inclinábase por pensar que Miss Daisy Miller era unha coqueta, unha fermosa coqueta estadounidense. Nunca, polo de agora, tivera relacións con damas desta categoría. Coñecera, aquí en Europa, dúas ou tres mulleres máis vellas ca Miss Daisy Miller e, por cuestión de decencia, provistas de homes que eran grandes coquettes mulleres perigosas, terribles, coas que unha relación tiña tódalas posibilidades de tomar un cariz perigoso. Mais esta moza non era coqueta neste sentido. Carecía en boa medida de sofisticación. Era só unha estadounidense frívola e fermosa. Winterbourne estaba case agradecido por atopa-la fórmula que lle correspondía a Miss Daisy Miller. Reclinouse no seu asento; fíxose a si mesmo a puntualización de que ela tiña o nariz máis adorable que xamais vira na sua vida; preguntábase cales eran as condicións e as limitacións normais para relacionarse cunha estadounidense frívola e fermosa. De seguida lle pareceu obvio que estaba a piques de sabelo. - ¿Estivo algunha vez naquel castelo vello? - preguntou a moza, apuntando co seu parasol cara os afastados e relucentes muros do castelo de Chillon - Si, con anterioridade, máis dunha vez - dixo Winterbourne Supoño que vostede tamén o viu. - Non, aí nunca fomos. Teño unhas ganas tolas de ir. Por suposto que teño a intención de ir. Non marcharía de aquí sen ve-lo tal castelo. - É unha excursión moi fermosa - dixo Winterbourne- e moi doada de facer. Sabe que se pode ir en carruaxe ou ben no pequeno vapor. - Pódese ir en tren - dixo Miss Miller.- Si, pódese ir en tren - asentiu Winterbourne. - O noso guía di que van xusto ata o castelo - continuou a rapaza Iamos ir na semana pasada, pero miña nai desistiu. Padece terriblemente de disepsia. Dixo que non podía ir. Randolph tampouco quixo ir. Di que non lle interesan os castelos vellos. Pero supoño que esta semana iremos se conseguimos convencer a Randolph. - ¿Ó seu irmán non lle interesan os monumentos antigos? - inquiriu Winterbourne, sorrindo. - Di que non quere saber nada de castelos vellos. Ten só nove anos. O que quere é quedar no hotel. Mamá ten medo de deixalo só e o guía non quere quedar con el, por iso non fomos a moitos sitios. Pero tampouco estaría demasiado ben non ir alá arriba - e Miss Miller sinalou outra vez cara o castelo de Chillon. - Penso que iso podería arranxarse - dixo Winterbourne- ¿Non poderían conseguir que alguén quedase con Randolph, só pola tarde? Miss Miller mirouno un intre e logo dixo, moi placidamente ¡Oxalá vostede quixera quedar con el!. Winterbourne dubidou un momento. - Preferiría moito máis ir a Chillon con vostede. - ¿Comigo? - preguntou a rapaza, coa mesma placidez. Non se alporizou nin ruborizou, como faría unha moza en Xenebra. Sen embargo, Winterbourne, sendo consciente da magnitude da súa ousadía, pensou que posiblemente se sentira ofendida. Coa súa nai- contestou moi respectuosamente. Pero parecía que tanto a súa audacidade como o seu respecto estaban de balde con Miss Daisy Miller. - Supoño que miña nai non vai querer ir despois de todo dixo Non lle gusta dar voltas en tren pola tarde. Pero ¿é verdade o que acaba de dicir, que lle gustaría ir aló? Totalmente en serio declarou Winterbourne. Daquela termos que arranxalo. Se mamá queda con Randolph, supoño que Eugenio o fará tamén. ¿Eugenio? inquiriu o mozo. Eugenio é o noso guía. Non lle gusta quedar con Randolph. Na miña vida vin home tan quirimixeiro. Pero é un guía espléndido. Supoño que quedará con Randolph se mamá queda e daquela poderemos ir ó castelo. Winterbourne reflexionou un instante da forma máis lúcida posible: "nós" só podía significar Miss Daisy Miller e máis el. Este programa parecía case demasiado pracenteiro para ser crible. Sentiu coma se tivese que bica-la man da moza. Posiblemente faríao e botaría a perde-lo plan. Mais neste intre outra persoa probablemente Eugenio apareceu. Un home alto, ben parecido, cun soberbio bigote, vestindo abrigo de veludo e un relucente reloxo de cadea achegouse a Miss Miller, mirando intensamente ó seu acompañante. ¡Oe, Eugenio! dixo Miss Miller, en ton amigable. Eugenio mirara a Winterbourne de pés a cabeza, agora fixo unha reverencia seria diante da moza. Teño o honor de informar a mademoiselle de que o almorzo está servido. Miss Miller ergueuse lentamente. Ves, Eugenio dixo De tódolos xeitos, ó final vou ir ver o castelo vello ese. ¿O castelo de Chillon, mademoiselle? inquiriu o guía ¿Mademoiselle teno todo arranxado? engadiu, nun ton moi impertinente que sorprendeu a Winterbourne. O ton de Eugenio, aínda para o entendemento da propia Miss Miller, aparentemente alumeou e de xeito lixeiramente irónico a situación da moza. Volveuse cara Winterbourne, un pouco acorada, moi pouco. ¿Non se botará atrás? dixo. ¡Non estarei satisfeito ata que vaiamos! protestou ¿E logo vostede queda neste hotel? continuou ela ¿E vostede é de verdade estadounidense? O guía quedou mirando a Winterbourne de xeito ofensivo. O mozo polo menos pensou que este xeito de mirar era unha ofensa para Miss Miller. Transmitía unha imputación de que ela se dedicaba a "atrapar" coñecidos. Terei o honor de presentarlle a alguén que lle poderá falar de min dixo sorrindo e referíndose á súa tía. Ben, iremos algún día dixo Miss Miller. E concedeulle un sorriso e marchou. Abriu o parasol e camiñou de volta cara o hotel ó carón de Eugenio. Winterbourne quedou mirando para ela; e mentres se perdía na distancia arrastrando sobre a grava os volantes de muselina, dixo para si que tiña a tournure dunha princesa.
2Sen embargo, comprometérase a facer máis do posible ó prometerlle a Miss Daisy que lle presentaría á súa tía, Mrs. Costello. Decidiu ir ó apartamento da dama mencionada en último lugar nada máis saber que comezara a recuperarse da dor de cabeza sufrida e, despois das debidas indagacións de costume sobre á súa saúde, preguntoulle se notara a presencia dunha familia estadounidense no hotel: nai, filla e un rapaz pequeno. ¿E un guía? dixo Mrs. Costello. Oi, si, notei. Noteinos, oínos, e intentei non tropezar con eles Mrs. Costello era unha viúva dunha grande fortuna; unha persoa de moita distinción que frecuentemente insinuaba que, de non estar tan terriblemente predisposta ás xaquecas, probablemente tivera deixado unha pegada máis fonda no seu tempo. Tiña rostro longo e esbrancuxado, nariz elevado e unha cantidade enorme de cabelo extraordinariamente branco que levaba recollido en grandes moños e rouleaux. Tiña dous fillos casados en New York e outro que estaba agora en Europa. Este último estaba entreténdose en Homburg e, aínda que estaba de viaxe, raramente se lle vía aparecer nunha cidade durante o período seleccionado pola nai para a súa propia visita. O seu sobriño, que viñera expresamente a Vevey para vela, era xa que logo ben máis atento, como ela dicía, que os seus máis achegados. En Xenebra el impregnárase da idea de que se tiña que ser sempre atento coa tías. Había moitos anos que Mrs Costello non o vía e estaba enormemente satisfeita con el, manifestando a súa aprobación ó inicialo nos moitos dos secretos da influencia que ela exercía, tal e como lle deu a entender, na sociedade da capital estadounidense. Admitiu ser moi selecta, mais, se el coñecera New York, daquela vería que había que selo. E a súa descrición da minuciosa constitución xerárquica da sociedade daquela cidade, que ela lle presentou en numerosas e diferentes luces foi, para o maxín de Winterbourne, abraiante dun xeito case opresivo. Polo ton dela, decatouse inmediatamente de que o lugar que Miss Daisy Miller ocupaba na escala social era baixo. Paréceme que non son da súa aprobación dixo. Son moi vulgares declarou Mrs. Costello Son o tipo de estadounidenses cos que un cumpre a súa misión ó non aceptalos. Ah, ¿non os acepta? dixo o mozo. Non podo, meu benquerido Frederick. Faríao se puidese, pero non podo. A mociña é ben xeitosa dixo Winterbourne, nun intre. Xeitosa é. Pero vulgar. Entendo o que di, por suposto dixo Winterbourne despois doutra pausa. Ten ese mirar engaiolante que teñen todas apurou a tía Non sei de onde o sacan. E viste á perfección non, ti non sabes o ben que viste. Non sei de onde lles ven o gusto. Pero, benquerida tía, despois de todo, ela non é unha comanche salvaxe. É unha moza dixo Mrs. Costello que se relaciona co guía da nai. ¿Que se relaciona co guía? demandou o mozo. Bo, a nai é aínda peor. Tratan ó guía coma se fose un coñecido coma un cabaleiro. Non me estrañaría que tamén comese con elas. Moi seguro que nunca viron un home con tan boas maneiras, roupas tan finas, tan parecido a un cabaleiro. Probablemente correspóndese coa idea que a rapaza ten dun conde. Senta con eles no xardín pola tarde. Creo que fuma. Winterbourne escoitou con interese estas revelacións. Axudárono a crear a súa propia opinión sobre Miss Daisy. Evidentemente era extravagante abondo. Ben dixo eu non son guía e sen embargo comigo foi encantadora. Sería moito mellor que dende o principio dixo Mrs Costello me dixeras que cha presentaron. Simplemente nos atopamos no xardín, e falamos un intre. Tout bonnement! E a ver, ¿que lle dixeches? Dixen que quería toma-la licencia de presentarlla á miña admirable tía. Non topo palabras para expresarche o meu agradecemento. Foi para garanti-la miña honestidade. E, a ver, ¿quen vai garanti-la dela? Ah, ¡vostede é cruel! dixo o mozo A rapaza é agradable. ¡Dilo coma se non creras que fose certo! observou Mrs Costello. Non ten educación ningunha continuou Winterbourne Pero é extraordinariamente fermosa e, en resumo, moi agradable. Para demostrar que así o creo, vou levala ó Chateau de Chillon. ¿Ides marcha-los dous xuntos? Eu diría que demostra o contrario. ¿Canto tempo hai que a coñeces, se se me permite a pregunta, cando se enxeñou tan interesante plan? Non estarías vinte catro horas na casa dela. Á media hora de coñecela dixo Winterbourne sorrindo. ¡Meu Deus! berrou Mrs. Costello ¡Que rapaza tan terrible! O seu sobriño quedou en silencio uns momentos. En verdade pensa, logo comezou seriamente e cun desexo de información veraz en verdade pensa que pero volveu a calar. ¿Penso que, meu home? dixo a tía. ¿Que ela é o tipo de moza que espera que un home, tarde ou cedo, a conquiste? Non teño nin a máis mínima idea do que semellantes damiñas esperan dun home. Pero realmente penso que ti non deberías andar enredando con rapazas estadounidenses que non teñen educación, coma ti dis. Levas demasiado tempo vivindo fóra do país. Seguro que vas cometer un erro tremendo. Es demasiado inocente. Benquerida tía, tan inocente non son dixo Winterbourne sorrindo e rizando o bigote. ¿Daquela es demasiado culpable? Winterbourne seguiu a riza-lo bigote meditativamente. ¿Entón, non vai permitir que a pobre rapaza a coñeza? preguntou por fin. ¿É literalmente certo que vai ir contigo ó castelo de Chillon? Creo que ten toda a intención de facelo. Daquela, meu benquerido Frederick dixo Mrs Costello véxome na obriga de ter que rexeita-la honra de coñecela. Son unha muller vella, pero non demasiado vella, a Deus gracias, para escandalizarme. ¿Pero non fan todas estas cousas as mozas nos Estados Unidos? inquiriu Winterbourne. Mrs Costello fitouno un intre. ¡Gustaríame ve-las miñas netas facendo isto! declarou implacable. Isto pareceu iluminar algo o tema, pois Winterbourne lembrou escoitar que as súas fermosas primiñas de New York eran unas "frívolas tremendas". Se, polo tanto, Miss Daisy Miller excedía a licencia liberal permitida a estas xoves damas, era probable que se puidera esperar calquera cousa dela. Winterbourne estaba impaciente por volvela ver e estaba anoxado consigo mesmo porque, por instinto, non debería apreciala de xeito imparcial. Aínda que estaba impaciente por vela, a penas sabía cómo dicirlle que a súa tía se negara a coñecela. Mais descubriu, cedo abondo, que con Miss Daisy Miller non había necesidade maior de andar con pés de lá. Aquela tardiña atopouna no xardín, paseando á cálida luz das estrelas cal sílfide indolente, bambeando de aquí para alá o abano máis inmenso que xamais contemplara. Eran as dez en punto. Tomara a cea coa tía, despois sentara con ela e agora acabara de despedirse dela ata o día seguinte. Ela declarou que nunca pasara unha velada tan longa. ¿Leva todo o tempo soa? preguntou. Estiven paseando coa miña nai dixo a rapaza. Non dá durmido, nin tres horas. Di que non sabe como vive. É terriblemente nerviosa. Supoño que dorme máis do que pensa. Vai nalgún lado a ver se atopa a Randolph; quere convencelo de que se vaia deitar. A el non lle gusta deitarse. Esperemos que o consiga observou Winterbourne. Falará con el todo o que poida; pero a el non lle gusta que ela lle fale dixo Miss Daisy, abrindo o abano Vai intentar que Eugenio fale con el. Pero el non lle ten medo a Eugenio. Eugenio é un guía espléndido, pero non da causado efecto ningún en Randolph. Non creo que vaia durmir antes das once. Parecía que a vixilia de Randolph conseguira, de feito, prolongarse triunfalmente, pois Winterbourne paseou coa rapaza durante algún tempo sen se toparen coa nai. Estiven mirando a ver se atopaba esa dama que me quería presentar apurou a súa acompañante É a súa tía. Daquela, ó admitir Winterbourne o feito e expresar curiosidade sobre como o soubera, ela dixo que se informara de todo o que había que saber sobre Mrs Costello pola criada. Era moi tranquila e moi comme il faut, levaba plumas brancas, non falaba con ninguén e nunca ceaba na table dhote. Cada dous días tiña dor de cabeza. Creo que é unha descrición marabillosa, ¡dor de cabeza e todo! dixo Miss Daisy, charlataneando coa súa fráxil e alegre voz Desexo tanto coñecela. Sei cómo vai se-la súa tía; sei que me vai gustar. Vai ser moi selectiva. Gústame que unha dama sexa selectiva. Morro por ser selectiva. Ben, nós somos selectivos, mamá e máis eu. Non falamos con calquera ou ninguén fala connosco. Supoño que ven sendo o mesmo. De calquera xeito, estarei encantadísima de coñecer a súa tía. Winterbourne estaba avergonzado. Sería tan feliz dixo pero temo que esas dores de cabeza van ser un impedimento. A rapaza mirouno a través do solpor. Pero supoño que non lle dan dores de cabeza cada día - dixo compasiva. Winterbourne calou un anaco. Ela di que si respondeu por fin, sen saber que dicir. Miss Daisy Miller detívose e quedou mirando para el. A súa beleza aínda era visible na escuridade; estaba abrindo e pechando o seu enorme abano. ¿Por que non o di? Non ten que ter medo. ¡Eu non teño medo! E botou unha risiña. Winterbourne creu notar na voz dela un tremor. Sentiuse afectado, impresionado, mortificado por el. Miña querida rapaza retrucou ela non coñece a ninguén. É a súa pésima saúde. A rapaza camiñou con grandes pasos, aínda rindo. Non ten que ter medo repetiu ¿Por que ía querer coñecerme? Daquela volveuse deter; estaba preto do parapeto do xardín, e diante dela estaba o lago ateigado de estrelas. Había un vago resplandor na superficie e na distancia apreciábanse tenues formas montañosas. Daisy Miller contemplou a misteriosa paisaxe e logo botou outra risiña. Demo, ¡mira que che é ben selectiva! dixo. Winterbourne preguntábase se estaría seriamente doída, e por un intre case desexou que o que ela consideraba ofensa fose tal que fixese apropiado que el intentase tranquilizala e acougala. Tiña unha agradable sensación de que se deixaría consolar facilmente. Daquela sentiuse, por un intre, suficientemente preparado para sacrificar a súa tía na conversa, admitir que era unha muller orgullosa e maleducada e declarar que eles non tiñan por qué preocuparse dela. Pero antes de darse comprometido a esta perigosa mestura de galantería e impiedade, a moza, reemprendendo o seu paseo, exclamou nun ton ben diferente. ¡Ben, aquí está miña nai! Supoño que non conseguiu mandar a Randolph ó seu cuarto. Apareceu a figura dunha dama na distancia, difícil de distinguir na escuridade, avanzando cun lento e oscilante movemento. De súpeto pareceu deterse. ¿Está segura de que é súa nai? ¿Pode distinguila neste espesa escuridade? preguntou Winterbourne. Vaia exclamou Miss Daisy Miller, cunha risa Penso que coñezo ben a miña propia nai. ¡E cando leva posto o meu chal aínda máis! Sempre pon as miñas cousas. A dama en cuestión, deixando de avanzar, rebuliu vagamente no lugar onde ela antes se detivera. Moito me temo que súa nai non a ve dixo Winterbourne Ou se cadra engadiu pensando, con Miss Miller, que a broma era permisible se cadra, séntese culpable por leva-lo seu chal. É tremendamente vello replicou a moza serenamente Díxenlle que o podía usar. Non vén aquí porque está vostede. Ah, daquela dixo Winterbourne mellor que marche. ¡Ai, non, por favor! suplicou Miss Daisy Miller. Moito me temo que a súa nai non considera correcto que eu pasee con vostede. Miss Miller lanzoulle unha seria mirada. Non é por min; é por vostede, é dicir, é por ela. Bo, ¡non sei por quen é! Pero a mamá non lle gustan os cabaleiros que son amigos meus. No fondo, é moi tímida. Alporízase toda cada vez que lle presento a un home. Pero si que llos presento, case sempre. Se non lle presentara a mamá os meus amigos engadiu a rapaza na súa delicada e tediosa monotonía non creo que fose natural. Para presentarme dixo Winterbourne terá que sabe-lo meu nome. E procedeu a pronuncialo. ¡Ai, Deus, non dou dito tanta cousa! dixo a súa acompañante cunha risa. Pero daquela xa chegaran onda Mrs Miller quen, mentres se ían achegando, camiñara cara o parapeto do xardín e reclinárase sobre el, mirando intensamente cara o lago, virándolle-las costas. Mamá dixo a rapaza cun ton decidido. Nisto a muller deu volta Mr. Winterbourne dixo Miss Daisy Miller, presentando o mozo de xeito moi franco e fermoso. "Vulgar" era, tal e como a describira Mrs Costello; sen embargo para Winterbourne era unha marabilla que, coa súa vulgaridade, tivese unha gracia tan extraordinariamente delicada. A súa nai era unha persoa pequena, miúda e lixeira, cun ollo inquedo, un nariz moi exiguo e unha enorme fronte decorada cunha certa cantidade de cabelo fino e espeluxado. Igual que a filla, Mrs Miller vestía con extremada elegancia. Levaba enormes diamantes nas orellas. Polo que Winterbourne puido observar, non o saudou, e de certo que non o miraba. Daisy estaba cabo dela, enderezándolle o chal. ¿Que andas a facer fisgando por aquí? preguntou a moza, pero o seu ton de ningún xeito implicaba a dureza que suxería a súa selección léxica. Non sei, dixo a nai virándose de novo cara o lago. ¡Non debín pensar que quererías este chal! exclamou Daisy. Pois quero respondeu a nai, cunha risiña. ¿Conseguiches deitar a Randolph? preguntou a moza. Non, non o din convencido dixo Mrs Miller, moi xentil Quere falar co camareiro. Gústalle falar co camareiro ese. Estáballe a contar a Mr. Winterbourne continuou a moza, e ós oídos do mozo o seu ton ben podía indicar que levaba toda a vida pronunciando o seu nome. ¡Ou, si! dixo Winterbourne Teño o placer de coñece-lo seu fillo. A nai de Randolph calou; volveu a súa atención cara o lago. Pero por fin falou. Ben, ¡non sei como vive! En fin, non é tan malo como cando estivemos en Dover, dixo Daisy Miller. ¿E que ocorreu en Dover? preguntou Winterbourne. Non quería deitarse. Penso que pasou toda a noite sentado no recibidor do hotel. Ás doce na cama non estaba: seino ben. Eran as doce e media, declarou Mrs Miller, con leve énfase. ¿Dorme moito durante o día? requeriu Winterbourne. Penso que non moito engadiu Daisy. Quen me dera que durmira dixo a nai Parece coma se non dera. Penso que é esgotador insistiu Daisy. Logo, durante uns instantes, houbo silencio. Ben, Daisy Miller dixo a dama de idade de socato ¡Penso que non deberías falar en contra do teu propio irmán! Pero éo, mamá dixo Daisy, mais sen a aspereza dunha protesta. Ten só nove anos insistiu Mrs. Miller. Ben, el non quixo ir ó castelo dixo a moza Vou ir con Mrs. Winterbourne. Ante este anuncio, moi placidamente feito, a nai de Daisy non ofreceu ningunha resposta. Winterbourne deu por sentado que ela desaprobaba fondamente a proxectada excursión; mais díxose a si mesmo que era unha persoa sinxela e doada de manexar e que cun pouco que protestara cortesmente conseguiría amaina-lo seu incomodo Si comezou a súa filla tivo a amabilidade de concederme o honor de poder se-lo seu guía. Os inquedos ollos de Mrs. Miller, cun atractivo aire, fixáronse en Daisy, quen, sen embargo, se arredara uns pasos, murmurando quedamente. Supoño que irán en tren dixo a nai dela. Si, ou en barco dixo Winterbourne. Por suposto, eu non sei nada engadiu Mrs. Miller Nunca fun a ese castelo. É unha pena que non veña dixo Winterbourne, comezando a sentirse acougado no que respectaba a súa oposición. E, sen embargo, estaba ben preparado para comprobar que, de feito, ela quería acompañar a súa filla. Levamos tanto tempo pensando en ir, engadiu pero nunca damos ido. Por suposto que Daisy quere ir. Pero hai aquí unha dama non lle sei o nome e ela di que non deberiamos pensar en ver castelos aquí, que deberiamos esperar a chegar a Italia. Parece que alí hai tantos. continuou Mrs. Miller, con incrementada confianza Por suposto, só queremos ve-los máis importantes. Visitamos varios en Inglaterra engadiu de súpeto. ¡Ah, si! En Inglaterra hai fermosos castelos. dixo Winterbourne Pero Chillon, aquí, realmente paga a pena velo. Ben, se a Daisy lle apetece, dixo Mrs Miller nun ton impregnado cunha sensación de magnitude no proxecto Parece que non hai cousa na que ela non queira participar. ¡Eu penso que lle encantará! declarou Winterbourne. E desexou máis e máis asegurarse da certeza de que ía te-lo privilexio dun tête-à-tête coa moza, que seguía movéndose diante deles, vocalizando quedamente. Vostede, señora, ¿non se sente con ánimos de vir? A nai de Daisy mirouno un intre, receosa, e logo camiñou cara adiante en silencio. Supoño que mellor será que vaia ela dixo simplemente. Winterbourne observou para si que este era un tipo de maternidade moi diferente do das vixiantes matronas que se apilaban á fronte da vida de sociedade na vella e escura cidade da outra beira do lago. Pero as súas meditacións interrompéronse ó oí-lo seu nome pronunciado de xeito moi distinto pola desprotexida filla de Mrs. Miller. ¡Mr Winterbourne! murmurou Daisy. ¡Mademoiselle! dixo o mozo. ¿Quere levarme a pasear en barca? ¿Neste intre? preguntou. Claro dixo Daisy. ¡Ben, Annie Miller! exclamou a nai. Pídolle, señora, que a deixe ir dixo Winterbourne ardentemente, pois nunca antes desfrutara da sensación de guiar baixo os luceiros veraniegos unha barquiña con tan vibrante e fermosa carga. Non pensei que quixera ir dixo a nai Pensaba que prefería quedar na casa. Estou segura que Mr. Winterbourne quere levarme declarou Daisy. ¡É tan atento! Levareina en barca a Chillon, á luz das estrelas. Non o podo crer dixo Daisy. Ben volveu exclama-la dama de idade. Hai media hora que non me fala continuou a filla. Estaba mantendo unha conversa moi agradable coa súa nai dixo Winterbourne. Ben; ¡quero que me leve en barca! repetiu Daisy. Pararan todos; ela deuse a volta e mirou a Winterbourne. A súa face portaba un sorriso engaiolante, os seus fermosos ollos escintilaban e ela randeaba o enorme abano. Non; máis fermosura ca esta é imposible- pensou Winterbourne. Hai media ducia de barcas naquel ancoradoiro dixo, sinalando uns banzos que descendían dende o xardín cara o lago. Se me fai o honor de acepta-lo meu brazo iremos escoller unha delas. Daisy permanecía alí sorrindo; botou a cabeza para atrás e botou unha moi lixeira risiña. Gústame que os cabaleiros sexan formais declarou. Asegúrolle que é unha proposta formal. Sabía que lle ía facer dicir algo continuou Daisy. Ve, non é moi difícil dixo Winterbourne. Mais coido que vostede se está a burlar de min. Penso que non, señor resaltou Mrs. Miller, moi amablemente. Daquela, permítame que a leve díxolle á moza. ¡Que lindo como o dixo! exclamou Daisy. Aínda sería máis lindo poder levala. ¡Si, sería lindísimo! dixo Daisy. Pero non fixo ningún movemento para acompañalo; só quedou alí de pé, rindo. Penso que deberías mira-la hora que é interpuxo a nai. Son as once en punto, señora dixo unha voz, con acento extranxeiro, saída da veciña escuridade; e Winterbourne, volvéndose, notou o florido personaxe que apareceu diante das dúas damas. Aparantemente acababa de achegarse. Oh, Eugenio dixo Daisy, ¡vou ir en barca! Eugenio fixo unha reverencia. ¿Ás once, mademoiselle? Vou con Mr Winterbourne. Agora mesmo. Por favor, dígalle que non pode dixo Mrs Miller ó guía. Penso que vostede non debería ir en barca, mademoiselle declarou Eugenio. Winterbourne desexou que esta fermosa moza non tivera tanta familiaridade co guía; pero non dixo nada. ¡Supoño que non o crerás apropiado! exclamou Daisy Para Eugenio nada é apropiado. Eu estou ó seu servicio dixo Winterbourne. ¿Ten mademoiselle a intención de ir soa? preguntoulle Eugenio a Mrs Miller. Ai, non; con este cabaleiro respondeu a mamá de Daisy. O criado botoulle unha mirada a Winterbourne este último pensou que sorría e logo, solemnemente, dixo cunha reverencia ¡Como lle prouguer a mademoiselle! Ai, pensei que ías armar unha lea dixo Daisy Agora non quero ir. Eu si que vou armar unha se non vai dixo Winterbourne. Iso é todo o que quero unha lea. E a rapaza volveu ás risas. Mr Randolph deitouse anunciou o criado frixidamente. ¡Ai, Daisy, agora podemos ir! Dixo Mrs Miller. Daisy afastouse de Winterbourne, mirándoo, sorrindo e abaneándose. Boas noites dixo ¡Espero que estea decepcionado ou anoxado ou algo! El mirouna, tomando a man que ela lle ofreceu. Estou desconcertado respondeu. ¡Ben, espero que non o desvele! dixo moi aguda; e, baixo a escolta do privilexiado Eugenio, as dúas damas encamiñáronse cara a casa. Winterbourne quedou mirando para elas; abofé que estaba desconcertado. Quedou á beira do lago un cuarto de hora, dándolle voltas ó misterio das repentinas familiaridades e caprichos da rapaza. Pero a única conclusión ben definida á que chegou foi que lle encantaría tremendamente "levala" a algún lado. Dous días despois levouna ó Chateau de Chillon. Esperou por ela no grande recibidor do hotel onde criados, muchachas e turistas extranxeiros adicábanse a folgar e mirar. Non era lugar que el escollería, pero fora ela quen o seleccionara. Baixou saltaricando, abotoando os longos guantes, apretando o pregado parasol contra a súa bonita figura que levaba arroupada pola perfección dun elegante e soberbio modelo de viaxe. Winterbourne era un home de imaxinación e, coma os nosos antergos adoitaban dicir, de sensibilidade. Mentres contemplaba o vestido dela, o seu paso miúdo, rápido e confiado pola maxestuosa escaleira, sentiu coma se algo romántico viñese avanzando cara el. Ben puidera crer que ían fuxir xuntos. Saiu con ela entre a ociosa multitude alí reunida; estaban todos mirándoa intensamente; nada máis achegarse, ela puxérase a laretear. Winterbourne inclinárase pola viaxe a Chillon en carruaxe; pero ela expresou un animado desexo de ir no pequeno vapor: declarou que sentía paixón polos barcos de vapor. Había sempre unha brisa tan linda na auga, e víase tanta xente. A viaxe en barco non era tan longa pero a acompañante de Winterbourne non atopou tempo para dicir moitas cousas. Para o mozo a pequena excursionciña deles era tanto coma unha escapada unha aventura e, aínda tendo en conta o normal sentido de liberdade que ela profesaba, esperaba ver que ela tiña a mesma opinión. Pero hai que confesar que, nesta ocasión en particular, se sentiu defraudado. Daisy Miller estaba extremadamente animada, cun humor adorable. Mais aparentemente non se amosaba entusiasmada en absoluto; non estaba nada axitada; non evitaba os ollos de el nin os de ninguén; non se acoraba cando el a miraba nin cando a xente a miraba. A xente miraba abondo para ela e Winterbourne sentíase moi complacido polo aire de distinción da súa fermosa acompañante. Tivera algo de medo de que se puxera a falar en voz alta, de que rise demasiado ou de que ó mellor quixese rebulir no barco. Pero esqueceu os medos. Sentou sorrindo, cos ollos cravados no seu rostro mentres que ela, sen moverse do sitio, profería un sinnúmero de orixinais reflexións. Nunca escoitara leria tan agradable. Asentira á idea de que ela era "vulgar", mais ¿erao realmente ou se cadra era que el estaba afacéndose á súa "vulgaridade"? A conversa dela era principalmente do tipo que os metafísicos denominan obxectivo, pero dáballe de cando en vez un ton subxectivo. ¿Por que diaño está vostede tan serio? demandou de súpeto, fixando os seus calmos ollos nos de Winterbourne. ¿Seica estou serio? preguntou Tiña a idea de estar sorrindo de orella a orella. É coma se me levase a un funeral. Se iso é un sorriso, ten as orellas ben xuntas. - ¿Gustaríalle que me puxese a bailar na cuberta do barco? - Ai, si, por favor e eu pasarei o sombreiro. Pagaría os gastos da viaxe. - Na miña vida estiven tan feliz - marmurou Winterbourne. Mirouno un momento e logo botou unha risiña. ¡Gústame facerlle dicir esas cousas! Vostede é ben raro. No castelo, despois de desembarcaren, prevaleceu decididamente o elemento subxectivo. Daisy saltaricou polas abovedadas estancias, alborotou a saia na escaleira de caracol, estremeceu lanzándose para atrás e botando un berriño moi feito ó borde das oubliettes, e puxo unha excepcionalmente xeitosa orella a todo a todo o que Winterbourne lle contou sobre o lugar. Mais el decatouse de que a ela lle importaban ben pouco as antiguidades feudais e de que as escuras tradicións de Chillon non lle causaron máis ca unha moi lixeira impresión. Tiveron a boa fortuna de poder andar sen ningún outro acompañante, a non ser polo garda; e Winterbourne falou con este funcionario para que non os apurase que os deixase alongarse e deterse onde fora que escollesen. O vixiante interpretou o acordo xenerosamente Winterbourne, pola súa banda, amosárase tamén xeneroso e rematou deixándoos sós. As observacións de Miss Miller non salientaban pola súa consistencia lóxica; pois para calquera cousa que quería dicir ela estaba segura de atopar un pretexto. Nos duros peitorís de Chillon atopou moitos pretextos para facerlle inesperadas preguntas a Winterbourne - sobre a súa familia, a súa historia, os seus gustos, os seus costumes, as súas intencións- e para proporcionarlle información recíproca sobre as correspondentes áreas da súa propia personalidade. Con respecto ós seus propios gustos, costumes e intencións, Miss Miller estaba preparada para dar unha xustificación do máis precisa e, abofé, do máis favorable. -Ben; ¡espero que saiba abondo! - dixo ela ó seu acompañante, despois de que el lle contara a historia do infeliz Bonnivard. - Na miña vida vin home con tanto coñecemento. A historia de Bonnivard, evidentemente, e como di o refrán, entráralle por unha orella e pola saíralle pola outra. Pero Daisy continuou a dicir que oxalá Winterbourne viaxara e "saíra por aí" con eles; daquela si que coñecerían algo. - ¿Non quere vir darlle clases a Randolph? - Preguntou ela. Winterbourne dixo que nada lle complacería máis; pero que desgraciadamente tiña outras ocupacións. - ¿Outras ocupacións? ¡Non llo creo! - Dixo Miss Daisy. ¿Que quere dicir? Vostede non está traballando. O mozo admitiu que non estaba traballando; pero que tiña compromisos, xusto dentro de un ou dous días, que o obrigaban a volver a Xenebra. ¡Vaia! dixo- ¡non llo creo! E comezou a falar de algo distinto. Pero un anaco despois, cando el lle estaba chamando a atención sobre o bonito diseño dunha antigua lareira, espetoulle de xeito irrelevante - ¿Non quererá dicir que vai volver a Xenebra? - E realmente lamentable que teña que tornar mañan a Xenebra. - Ben, Mr Winterbourne - dixo Daisy- ¡Penso que a vostede non hai quen o ature!. - ¡Ai, non diga cousas tan terribles! - Dixo Winterbourne- xusto ó final. - ¡O final! - Berrou a rapaza- Eu chámolle principio. Teño unha metade de min que me di que o deixe aquí e volva soa directamente ó hotel. - E os dez minutos restantes non fixo máis que dicirlle que non había quen o aturase. O pobre Winterbourne estaba ben abraiado; ningunha moza lle fixera o honor de poñerse tan axitada ó escoita-lo anuncio dos seus movementos. A súa acompañante, despois disto, deixou de prestarlle atención ás curiosidades de Chillon ou ás belezas do lago; abriu fogo contra a misteriosa beleza que habitaba en Xenebra e, segun pareceu asumir ó instante, a quen ía marchar correndo a ver. ¿Como soubo Miss Daisy Miller que había unha beleza misteriosa en Xenebra? Winterbourne, que negou a existencia de tal persoa, foi abondo incapaz de descubrilo; e atopouse dividido entre o asombro pola rapidez da súa inducción e o entretido da franqueza do seu persiflage. Semelláballe, todo isto, unha mestura extraordinaria de inocencia e crudeza. - ¿Seica non lle deixa máis de tres días a un tempo? - Preguntou Daisy, irónica. ¿Non lle da vacacións no verán? Non hai ninguén que traballe tanto pero pode coller permiso para ir a algunha parte nesta tempada. Supoño que, se queda outro día, é capaz de vilo buscar en barca. ¡Por favor espere ata o venres e irei vela chegar!. Winterbourne comezou a pensar que fora unha equivocación sentirse decepcionado polo estado no que se embarcara a moza. Se el non se decatara do ton persoal, o ton persoal facía agora aparición. Soaba con distinción, por fin, ó dicirlle que pararía de "amolalo" se lle prometía solemnemente ir a Roma no inverno. - Esa non é unha promesa difícil de cumprir, - dixo Winterbourne- . A miña tía colleu un apartamento en Roma para o inverno e xa me pediu que a fose ver. - Non quero que vaia pola súa tía - dixo Daisy- Quero que vaia por min- E esta foi a única alusión que o mozo ía escoitala facer á súa odiosa parente. El declarou que, de calquera xeito, iría con toda seguridade. Despois disto Daisy deixou de amolalo. Winterbourne colleu unha carruaxe e volveron a Vevey á tardiña. A rapaza estaba moi calada. Pola noite Winterbourne mencionoulle a Mrs. Costello que pasara a tarde en Chillon con Miss Daisy Miller. - Os estadounidenses ¿os do guía? - preguntou a dama. - Ah, por sorte, - dixo Winterbourne- , o criado quedou na casa. - ¿Foi soa contigo? - Totalmente soa. Mrs. Costello uliscou un chisco na súa botelliña de perfume. - ¡E esa, - exclamou- é a moza que querías que coñecera!
3Winterbourne, que volvera a Xenebra o día despois da excursión a Chillon, marchou a Roma cara finais de xaneiro. A tía levaba alí establecida varias semanas e el recibira un par de cartas dela. Esa xente da que eras tan devoto o verán pasado en Vevey apareceu por aquí, ¡con guía e todo! escribiu Parece que fixeron varias amistades pero o guía segue a ser do máis intime. A moza, sen embargo, relaciónase moito cuns italianos de terceira categoría cos que arma uns balbordos que dan moito que falar. Tráeme esa noveliña tan bonita de Cherbuliez, Pule Méré, e non veñas despois do 23. De seguiren os acontecementos o seu curso natural, Winterbourne, ó chegar a Roma, iría inmediatamente ó Banco Americano para preguntar polo enderezo de Mrs. Miller e logo iría a saudar a Miss Daisy. Despois do que pasou en Vevey realmente penso que teño que ir visitalas díxolle a Mrs. Costello. Se, despois do que pasou fose en Vevey ou en calquera outro lado aínda tés desexos de continuar coa súa amistade, alá ti. Claro que un home pode coñecer a calquera. ¡Os homes son libres de ter ese privilexio! ¿A ver, por exemplo, que é o que pasa aquí? Demandou Winterbourne. A rapaza anda soa con extranxeiros. Para sabe-lo que despois pasa, terás que pedir información noutro lado. Atrapou media ducia dos cazadores de fortunas romanos e anda a presentalos nas casas da xente. Cando vai a unha festa leva con ela un cabaleiro con moi boas formas e cun bigote espléndido. ¿E onde está a nai dela? Non teño nin a máis mínima idea. Son unha xente terrible. Winterbourne meditou un intre. Son moi ignorantes mais abondo inocentes. Aparte disto non son mala xente. Son completamente vulgares dixo Mrs. Costello. Se o ser ou non ser completamente vulgar implica ser "malo" esa é unha cuestión que deixo para os metafísicos. De calquera xeito, son malos abondo para que eu non guste deles; e para o corta que é esta vida, penso que é razón de sobra. As noticias de que Daisy Miller estaba rodeada de media ducia de bigotes espléndidos fixeron que Winterbourne controlase o impulso que sentiu de ir vela inmediatamente. Se cadra non se gabara totalmente de ter deixado unha pegada imborrable no corazón dela, mais enfadouse ó recibir información dunha situación que estaba en tan pouca harmonía coa imaxe que ultimamente rebuldía por entre as súas propias cavilacións; a imaxe dunha rapaza moi feita mirando por unha vella fiestra romana e preguntándose con impaciencia cando chegará Mr. Winterbourne. Sen embargo, aínda que decidira esperar un anaco antes de lembrarlle a Miss Miller que tomase en consideración as súas proposicións, foi visitar dous ou tres outros amigos. Un destes amigos era unha dama estadounidense que pasara varios invernos en Xenebra, onde puxera os seus nenos nun colexio. Era unha muller moi requintada e vivía na Via Gregoriana. Winterbourne topouna nun salonciño vermello do terceiro andar; a estancia estaba anegada de luz que entraba polo leste. Non levaba alí nin dez minutos cando o criado entrou e anunciou "¡Madame Mila!" Este anuncio foi rapidamente seguido da entrada do pequeno Randolph Miller, quen paraou no medio da habitación e quedou mirando fixamente para Winterbourne. Un instante despois a súa fermosa irmá cruzou o umbral; e a continuación, despois dun intervalo considerable, Mrs Miller avanzou lentamente. ¡Eu coñézoo! dixo Randolph. Seguro que coñeces moitas cousas exclamou Winterbourne, colléndoo da man. ¿Como van as clases? Daisy estaba moi xeitosamente intercambiando saúdos coa súa anfitriona; pero cando escoitou a voz de Winterbourne rapidamente xirou a cabeza. ¡Ben, quen o diría! dixo. Díxenlle que viría engadiu Winterbourne sorrindo. Pois eu non llo crin dixo Miss Daisy. Estoulle moi agradecido riu o mozo. Ben puido vir verme antes dixo Daisy. Cheguei onte. Non llo creo declarou a moza Winterbourne volveuse cara a nai cun sorriso desaprobador pero esta dama evitou o seu ollar, e sentando, fixou os ollos no seu fillo. O noso cuarto é máis grande ca este dixo Randolph E ten ouro nas paredes. Mrs Miller volveuse con dificultade na súa cadeira ¡Xa sabía que se che traía ías dicir algo! marmurou. Díxenllo exclamou Randolph E dígollo, señor engadiu xocosamente, dándolle a Winterbourne unha couce nun xeonllo. ¡E tamén é máis grande! Daisy entablara unha animada conversa coa anfitriona. Winterbourne considerou apropiado dirixirlle unhas palabras á nai. ¿E como se atopa dende a última vez que nos vimos en Vevey? dixo. Agora Mrs Miller, efectivamente, mirouno á altura do queixo. Non moi ben, respondeu. Ten disepsia dixo Randolph Téñoa eu. E Papá tamén. A miña é a peor. Este anuncio, en vez de avergonzar a Mrs. Miller, pareceu aliviala. Padezo do fígado dixo Penso que é o clima; é menos agarimoso que en Schenectady, especialmente no inverno. Non sei se vostede sabe que residimos en Schenectady. Estáballe a dicir a Daisy que non atoparía a ninguén coma o doutor Davis, e non crín que o faría. Ai, en Schenectady, el é o primeiro; é do mellorciño que hai. Ten tanto traballo e, aínda así, non había cousa que non fixera por min. Dixo que nunca vira nada como a miña dispepsia, pero que a ía curar. Estou segura que non houbo cousa que non probara. Xusto ía intentar algo novo cando viñemos. Mr Miller quería que Daisy vise Europa ela soa. Pero eu escribinlle a Mr Miller para dicirlle que parecía que non ía poder valerme sen o doutor Davis. En Schenectady esta no cumio; e hai moita enfermidade ala tamén. Aféctame no sono. Winterbourne tivo unha boa cantidade de cotilleo patolóxico coa paciente do doutor Davis durante o cal Daisy parolou incesamente coa súa correspondente acompañante. O mozo preguntoulle a Mrs. Miller se lle gustaba Roma. Bueno, teño que dicir que estou decepcionada respondeu Oimos falar tanto dela. Supoño que oímos demasiado. Pero non foi culpa nosa. ¡Fixéronos esperar algo diferente! Ai, agarde un pouco e xa verá como lle empeza a agradar dixo Winterbourne. ¡Odioa cada vez máis! berrou Randolph. Es coma o cativo Aníbal dixo Winterbourne. Non tal, declarou Randolph, con atrevemento. Ti non tés nada de cativo dixo a nai Pero vimos lugares continuou ela que eu poría moito antes ca Roma. E en resposta á pregunta de Winterbourne Zurich, por un caso observou creo que Zurich é preciosa; e non oímos falar dela nin a metade. O mellor lugar que vin é o City of Richmond dixo Randolph. Fala do barco observou a nai Fixémo-la viaxe nese barco. Randolph pasouno estupendamente no City of Richmond. E o mellor lugar que vin repetiu o rapaz O único que saiu ó reves. Ben, algunha vez hai que ir ó dereitodixo Mrs. Miller cunha risiña. Winterbourne expresou a esperanza de que polo menos a súa filla atopara algunha gratificación en Roma, e ela declarou que Daisy andaba abondo exaltada. E por culpa da vida de sociedade; é espléndida. Vai a todas partes. Fixo un gran número de amistades. Por suposto que sae moito máis ca min. Debo dicir que foron moi sociables. Introducírona por completo. E logo ela coñece a moitos cabaleiros. Ai, ela pensa que non hai nada coma Roma. Por suposto, é ben máis placenterio para unha moza se coñece a moitos cabaleiros. Nestes intres Daisy volvera prestarlle atención a Winterbourne. Estáballe contando a Mrs. Walker o cruel que é vostede anuciou a moza. ¿E qué evidencias aportou? preguntou Winterbourne, abondo anoxado pola falta de apreciación, por parte de Miss Miller, da entrega dun admirador que de camiño a Roma non parara nin en Boloña nin en Florencia, simplemente por unha certa impaciencia sentimental. Lembrou o que un cínico compatriota lle dixera unha vez sobre as mulleres estadounidenses, as fermosas e isto deulle magnitude ó axioma eran a un tempo as máis esixentes do mundo e as menos dotadas co sentido da obriga. ¿Por que foi tan terriblemente cruel en Vevey? dixo Daisy Non dixo nada. Non quixo quedar alí cando llo pedín. Miña damiña, queixouse Winterbourne con elocuencia ¿seica vin todo este camiño ata Roma para atoparme cos seus reproches? ¡Pero escoite o que di! dixo Daisy á súa anfitriona mentres emperequitaba un lazo do vestido desta dama ¿Escoitou algunha vez cousa tan curiosa? ¿Tan curiosa, miña nena? marmurou Mrs. Walker, co ton dunha partisana de Winterbourne. Bueno, non sei. dixo Daisy, apalpando os lazos de Mrs Walker Mrs Walker, quero contarlle algo. Mamaieee interpuxo Randolph, dándolle un final agudo ás súas palabras Dígolle que temos que ir. Eugenio vai poñerse de un humor de tal. Eugenio non me mete medo ningún dixo Daisy meneando a cabeza. Mire, Mrs. Walker continuou sabe que vou vir á súa festa. Alégrome de escoitalo. Teño un vestido líndisimo. Seguro que ten. Pero quero pedirlle un favor permiso para traer un amigo. Será un pracer coñecer a calquera dos seus amigos dixo Mrs. Walker, volvéndose cun sorriso cara Mrs. Miller. Ai, non son amigos meus. respondeu a mamá de Daisy, sorrindo timidamente, ó seu xeito particular Nunca falei con eles. E un amigo íntimo meu Mr. Giovanelli dixo Daisy, sen tremor ningún na súa crara voceciña nin sombra ningunha na súa radiante cariña. Mrs. Walker quedou calada un anaco e lanzoulle unha rápida mirada a Winterbourne. Estarei moi contenta de ver a Mr. Giovanelli dixo despois. E italiano proseguiu Daisy cunha serenidade do máis adorable. E un gran amigo meu e o home máis ben feito do mundo coa excepción de Mr Winterbourne Coñece unha grande cantidade de italianos, pero quere coñecer estadounidenses. Ten tan boa opinión dos estadounidenses. É tremendamente intelixente. ¡E totalmente encantador! Quedou acordado que deberían tarer a este salientable personaxe á festa de Mrs. Walker, e logo Mrs. Miller preparouse para marchar. Supoño que terei que volver ó hotel dixo. Pode volver ó hotel, mamá, pero eu vou ir dar un paseo dixo Daisy Vai ir dar un paseo con Mr Giovanelli proclamou Randolph Vou ó Pincio dixo Daisy sorrindo. Sola, miña nena, ¿a estas horas? Preguntou Mrs. Walker. A tarde ía chegando ó seu remate era a hora da multitude de carruaxes e camiñantes contemplativos. Creo que non é seguro, queridiña dixo Mrs. Walker. Eu tampouco apoiou Mrs. Miller Vas colle-la febre tan seguro como que agora estás viva. Lembra o que che dixo o doutor Davis. Dalle unha medicina antes de marchar dixo Randolph. O grupo erguérase. Daisy, amosando aínda os seus xeitosos dentes, inclinouse para bica-la anfitriona. Mrs. Walker, vostede é demasiado perfecta dixo. Non vou soa; vou ver un amigo. O teu amigo non che vai protexer da febre observou Mrs. Miller. ¿E Mr Giovanelli? preguntou a anfitriona. Winterbourne estaba mirando a rapaza. A súa atención avivouse ó escoitar esta pregunta. Ela permanecía alí sorrindo e acariñando os lazos do seu chapeu. Botoulle unha mirada a Winterbourne. Logo, mentres miraba e sorría, respondeu, sen sombra de dúbida, Mr Giovanelli, o fermoso Giovanelli. Miña querida amiga dixo Mrs Walker colléndoa da man, suplicando non marche así a estas horas cara o Pincio por un fermoso italiano. Ben, el fala inglés dixo Mrs Miller. ¡Meu Deus! exclamou Daisy Non quero facer nada que sexa impropio. Hai unha forma moi fácil de arranxar isto. Continuou a mirar a Winterbourne. O Pincio está só a uns cen metros de distancia, e se Mr Winterbourne fose tan amable de finxir que se ofrece a acompañarme. A educación de Winterbourne apurou a afirmarse e a moza concedeulle a gracia de acompañala. Baixaron as escaleiras antes da nai, e ó chegaren á porta Winterbourne observou de que a carruaxe de Mrs Miller acababa de chegar co decorativo guía que coñecera en Vevey sentado no interior. Adeus, Eugenio berrou Daisy vou dar un paseo. En realidade, a distancia entre a Via Gregoriana e os fermosos xardíns do outro cabo do outeiro pincián recorríase rápido. Sen embargo, como o día era espléndido e a concurrencia de vehículos, paseantes e ociosos numerosa, os mozos estadounidenses decatáronse de que o avance ía resultar moi dificultoso. Este feito resultou ser da total aprobación de Winterbourne, a pesar de ser consciente do peculiar da situación. O parsimonioso e ociosamente observador xentío romano concedíalle enorme atención á fermosísima estranxeira que paseaba collida do seu brazo. E el preguntábase que diaño tiña Daisy na cabeza cando decidiu expoñerse, sen compañía ningunha, á apreciación deles. Aparentemente, a misión de el, no sentir dela, era entregala ás mans de Mr Giovanelli; mais Winterbourne, anoxado e gratificado a un tempo, decidiu que non ía facer tal cousa. ¿Por que non veu verme? preguntou Daisy. Non pode evita-la pregunta. Tiven o honor de dicirlle que practicamente acabo de baixar do tren. ¡Debeu quedar un bo anaco no tren despois de parar! exclamou a moza coa súa risiña Supoño que estaría durmindo. Tivo tempo de ir ver a Mrs Walker. Coñecín a Mrs Walker Winterbourne comezou a explicar. Sei onde a coñeceu. Coñeceuna en Xenebra. Díxomo ela. Ben, vostede coñeceume en Vevey, que ben sendo igual de bo. Polo tanto debeu vir. Esta foi a única pregunta que lle fixo. Comezou a esbardallar sobre as súas cousas. Temos unhas estancias espléndidas no hotel; Eugenio di que son as mellores estancias de Roma. Imos quedar todo o inverno se non morremos da febre, e imaxino que daquela si que quedariamos. É moito máis agradable do que esperaba. Pensei que sería horriblemente tranquilo. Estaba segura de que sería unha terrible cochambra. Estaba segura de que andariamos dando voltas todo o tempo cun deses vellos pesados que explican cadros e demáis. Pero só tivemos unha semana diso, e agora estouno pasando ben. Coñezo tanta xente, e son todos tan marabillosos. A vida de sociedade é extremadamente selecta. Hai de tódolos tipos ingleses, e alemáns, e italiáns. Penso que os que mais me gustan son os ingleses. Gústame o seu estilo de conversa. Pero hai algúns estadounidenses adorables. Nunca vin cousa tan hospitalaria. Cada día sempre hai algo. Non hai moito baile; pero debo dicir que nunca pensei que o baile fose o máis importante. Sempre fun amiga da conversa. Supoño que terei en abundancia na festa de Mrs Walker as estancias dela son tan pequenas. Cando pasaron a porta dos xardíns pincianos, Miss Miller comezou a preguntarse onde estaría o Mr Giovanelli. Mellor que vaiamos xusto para aquel sitio de diante dixo onde se ve a vista. Dende logo que eu non penso axudala a buscalo declarou Winterbourne. Daquela terei que buscalo sen vostede dixo Miss Daisy. ¡Dende logo, non me vai deixar aquí! protestou Winterbourne. Botou unha risiña. ¿Ten medo de perderse ou de que o atropellen? Pero se aí está Giovanelli, apoiado contra esa árbore. Está mirando ás mulleres das carruaxes ¿viu vostede algunha vez cousa máis insolente? Winterbourne percibiu a certa distancia a presencia dun home pequeno, de pé, cos brazos cruzados, arrolando o bastón. Tiña rostro xentil, o chapeu equilibrado con moita maña, un monóculo nun ollo e un ramallete de flores no oxal. Winterbourne mirouno un intre e logo dixo ¿Ten intención de falar con ese home?. ¿Que se teño a intención de falar con el? ¿Por que, non irá pensar que teño a intención de comunicarme por señas? Daquela, ten que entender dixo Winterbourne que teño intención de quedarme con vostede. Daisy parou e mirouno, sen sinal de conciencia atormentada no seu rostro, con nada máis que a presencia dos seus engaiolantes ollos e as felices furadas nas meixelas. Vaia, pois si que é tranquila! Pensou o mozo. Non me gustou como dixo iso dixo Daisy. Soa demasiado imperioso Pídolle disculpas se o dixen mal. O principal é darlle idea do que quero dicir. A moza mirouno con moita seriedade, pero con ollos que parecían máis fermosos ca nunca. Nunca lle permitín a ningún cabaleiro que me dictase, ou que interferise no que fago. Penso que comete un erro dixo Winterbourne As veces, debería escoitar a un cabaleiro o cabaleiro adecuado. Daisy volveu a rir. Non fago máis que escoitar a cabaleiros exclamou Dígame se Mr. Giovanelly é o adecuado. O cabaleiro co ramallete de flores no peito decatárase agora da presencia dos dous amigos e viña achegándose cara a moza con obsequiosa rapideza. Fíxolle unha reverencia a Winterbourne ademáis de facerlle outra á acompañante deste último. Tiña radiante sorrriso, mirar intelixente. Winterbourne pensou que non era un tipo de mal ver. Pero, sen embargo, díxolle a Daisy Non, non é o adecuado. Daisy, evidentemente, tiña un talento natural para realizar presentacións. Mencionou o nome de cada un dos seus acompañantes a cada un deles. Paseou con un a cada lado. Mr Giovanelli, que falaba inglés moi intelixentemente Winterbourne despois soupo que practicara este idoma cun número considerable de herdeiras estadounidenses dirixiulle á moza estadounidense unha boa cantidade de trapalladas moi corteses. Era extremadamente cortés e ela, que non dicía nada, reflexionaba sobre esa fondura do intelecto italiano que capacita á xente para aparentaren máis galantes canto máis agudamente disgustados se atopan. Giovanelli, naturalmente, esperaba algo máis íntimo. Non contara cun grupo de tres. Mais mantivo a compostura dun xeito que suxería segundas intencións. Winterbourne congratulouse de tomar esta medida. Non é un cabaleiro dixo o mozo estadounidense é só unha intelixente imitación. É un profesorecho de música ou un escritor de pacotilla ou un artista de terceira categoría. ¡Demo de apariencia! Mr Giovanelli tiña dende logo un rostro moi fermoso pero Winterbourne sentiu unha indignación superior cara a sua propia e encantadora compatriota por non dar distinguido entre un cabaleiro espúreo e un real. Giovanelli parolaba e bromeaba e facíase extraordinariamente agradable. Era certo que de ser unha imitación, daquela a imitación era moi hábil. Sen embargo Winterbourne dixo para si ¡unha boa rapaza debería saber isto! E logo volveu á cuestión de se esta era efectivamente unha boa rapaza. Unha boa rapaza, aínda dando por caso que fose unha estadounidense coqueta, ¿concertaría unha cita cun extranxeiro de presunta mala vida? A cita, neste caso, efectivamente, fora a plena luz do día, e no recuncho máis concurrido de Roma. Pero ¿acaso non era imposible considera-la elección destas circumstancias coma unha proba do cinismo máis extremo? Por moi singular que poda parecer, a Winterbourne irritáballe que a moza, ó querer reunirse co seu amoroso, non amosase impaciencia ante a súa presencia e anoxábao tamén esta disposición súa. Era imposible considerala unha rapaza de conducta perfecta. Carecía de certa delicadeza indispensable. Polo tanto, simplificaría as cousas en grande medida poder tratala coma o obxecto dun deses sentimentos que os noveleiros denominan pasións sen lei Que parecese desexar desfacerse de el axudaríao a tela en menos consideración e o poder tela en menos consideración faríaa moito menos desconcertante. Pero Daisy, nesta ocasión, continuaba a presentarse coma unha inescrutable combinación de audacia e inocencia. Estivera camiñando aproximadamente un cuarto de hora, escoltada polos dous cabaleiros e respondendo ás bonitas parolas de Mr Giovanelli nun ton de ledicia infantilesca así llo parecía a Winterbourne cando unha carruaxe que se separara do tren de paseo achegouse xunto ó camiño. Nese mesmo intre, Winterbourne decatouse de que a súa amiga Mrs Walker a dona da casa da que anteriormente saíra estaba sentada no vehículo e facíalle señas. Deixando a Miss Miller a un lado, apurou a obedece-la invitación. Mrs Walker estaba acorada; levaba un aire excitado. Realmente é demasiada desgracia dixo Esa rapaza non debe facer este tipo de cousas. Non pode andar por aquí con dous homes. Vírona xa cincuenta persoas. Winterbourne levantou as cellas. Creo que é unha pena facer moito alboroto por iso. E unha pena deixar que a rapaza se arruine ela sola. E moi inocente dixo Winterbourne. ¡O que é, é unha boa tola! berrou Mrs Walker ¿Viu algunha vez cousa tan parva coma a nai? Despoi de marcharen todos, xusto agora, non podía acougar só de pensalo. Parecíame demasiado patético, nin tan siquera intentar salvala. Pedín unha carruaxe, puxen o meu chapeu e vin tan rápido como puiden. ¡Gracias ó ceo que o atopei! ¿Que propón facer connosco? Preguntou Winterbourne cun sorriso. Pedirlle que suba, paseala por aquí durante media hora para que o mundo vexa que non anda ceibe en absoluto, e logo levala a casa sá e salva. Non creo que sexa unha idea moi feliz dixo Winterbourne Pero pode intentalo. Mrs Walker intentouno. O mozo foi en busca de Miss Miller, que simplemente saudara coa cabeza e lle sorrira á interlocutora da carruaxe e logo seguira o seu camiño co seu acompañante. Daisy, ó saber que Mrs Walker desexaba falar con el, volveu sobre os seus pasos con extremada elegancia e Mr Giovanelli do seu par. Declarou que estaba encantada de te-la oportunidade de presentarlle este cabaleiro a Mrs. Walker. Rematou a presentación de inmediato e declarou que nunca na súa vida vira unha mantiña de paseo tan linda coma a de Mrs Walker. Alégrome que sexa da súa admiración dixo esta dama sorrindo docemente. ¿Cómo non sube e deixa que lla poña por riba? Ai non, gracias dixo Daisy Admirareina moito máis se a vexo paseando na carruaxe con ela posta. Por favor suba e pasee comigo dixo Mrs Walker. Sería marabilloso pero tal e como estou é igual de encantador e Daisy ollou con radiante mirada ós cabaleiros que tiña ó seu par. Pode ser encantador, miña rapaciña, pero aquí non se leva insistiu Mrs Walker, inclinándose cara adiante na súa carruaxe victoria coas mans devotamente entrelazadas. Ben, daquela debería dixo Daisy Se non puidese pasear, expiraría. Deberías pasear coa túa nai, querida. berrou a dama de Xenebra, perdendo a paciencia. ¡Coa miña nai! exclamou a rapaza Winterbourne decatouse de que notara a indirecta Miña nai nunca deu dez pasos na súa vida. E daquela, non sabe engadiu cun sorriso non teño cinco anos. Ten idade abondo para ser máis razonable. Ten idade abondo, querida Miss Miller, para que falen de vostede. Daisy mirou a Mrs Walker sorrindo intensamente. ¿Para que falen? ¿Que quere dicir? Entre na carruaxe e cóntollo. Daisy volveu mirar apuradamente a cada un dos cabaleiros que tiña ó seu carón. Mr Giovanelli andaba a facer reverencias aquí e alá, estirando os guantes e rindo de xeito moi agradable. Winterbourne considerouno unha escea do máis desagradable. Creo que non quero sabe-lo que quere dicir dixo Daisy, ó instante Non creo que me guste. Winterbourne desexou que Mrs Walker a metera debaixo da manta e marchase con ela na carruaxe. Pero a esta dama non lle agradaba que a desafiasen, tal e como lle contou despois ¿Preferirías que pensasen que és unha perdida? Demandou. -¡Meu Deus! exclamou Daisy. Volveu mirar a Mr Giovanelly, logo tornou para Winterbourne. Había un lixeiro rubor nas súa meixelas; era tremendamente fermosa. ¿Cre Mr Winterbourne preguntou lentamente, sorrindo, botando a cabeza para atras e mirándoo da cabeza ós pésque, para salva-la miña reputación, debería entrar na carruaxe?. Winterbourne acorou. Dubidou moito por un instante. Parecía tan extraño escoitala falar da súa "reputación" daquel xeito. Pero el mesmo, de feito, tiña que falar de acordo coas boas maneiras. Aquí as mellores maneiras eran, simplemente, contarlle a verdade; e a verdade para Winterbourne, tal e como o lector deduciría das poucas indicacións que puiden dar, era que Daisy Miller debería segui-lo consello de Mrs Walker. Mirou a súa beleza exquisita, e logo dixo moi xentilmente Penso que debería subir na carruxe. Daisy botou unha risotada violenta. ¡Nunca escoitei falar a ninguén tan estirado! Se isto é impropio, Mrs Walker continuou daquela toda eu son impropia e vostede ten que marchar de xunto miña. Adeus. Espero que teña un paseo agradable. E deu a volta e marchou con Mr Giovanelli, que fixo un triunfante e obsequioso saludo. Mrs Walker quedou sentada mirando como se alonxaba, e había bágoas nos ollos de Mrs Walker. Entre díxolle a Winterbourne, indicando o lugar ó carón dela. O mozo respondeu que se sentía obrigado a acompañar a Miss Miller; ante tal resposta Mrs Walker declarou que se lle negaba este favor nunca máis lle volvería falar. Evidentemente falaba con toda seriedade. Winterbourne alcanzou a Daisy e ó seu acompañante e, ofrecéndolle a man á moza, díxolle que Mrs Walker fixera unha demanda imperiosa e solicitaba a súa compaña. Esperaba que en resposta ela diría algo gratuito, algo que a comprometese aínda máis nesa "perdición" da que Mrs Walker se esforzara de xeito tan caritativo por disuadila. Pero ela só lle deu a man, sen a penas miralo, mentres Mr Giovanelli lle dicía adeus co chapeu facendo unha floritura demasiado enfática. Winterbourne non estaba do mellor humor cando tomou asento na carruaxe victoria de Mrs Walker. Iso non foi moi intelixente da súa parte dixo candidamente mentres o vehículo volvía mesturarse por entre a multitude de carruaxes. Nese caso respondeu a súa acompañante non desexo ser intelixente, desexo ser seria! Ben, a súa seriedade só serviu para ofendela e desanimala. E ben que pasou dixo Mrs Walker Se está tan perfectamente decidida a poñerse en ridículo, canto antes o saiba, mellor; así un pode actuar en consecuencia. Sospeito que ela non ten mala intención rebatiu Winterbourne. Así pensaba eu hai un mes. Pero xa é excesivo. ¿Que fixo? Todo o que non se fai aquí. Coquetear con todo home que se lle poñía diante; sentar en recunchos con misteriosos itlianos; bailar toda a noite coa mesma parella; recibir visitas ás once da noite. A nai marcha cando chegan as visitas.- Pero o irmán dixo Winterbourne rindo está esperto ata media noite. Eche ben edificante o que ten para ver. Seica no seu hotel todos están a falar dela e que os criados botan un sorriso cada vez que un cabaleiro vai preguntar por Miss Miller. ¡Había que colgar ós criados! dixo Winterbourne enfadado A única culpa da pobre rapaza engadiu ó instante é que é moi ignorante. E indelicada por natureza declarou Mrs Walker. Toma o exemplo desta mañá. ¿Canto tempo había que a coñecía en Vevey? Un par de días. Que lle parece, logo, que tome coma unha cuestión persoal que vostede tivese que marchar lugar. Winterbourne permaneceu uns momentos en silencio; logo dixo sospeito, Mrs Walker, que vostede e máis eu levamos moito tempo vivindo en Xenebra E a continuación pediulle que o informase do motivo concreto polo que o fixera entrar na carruaxe. Desexo suplicarlle que abandoe as súas relacións con Miss Miller que non ande a facerlle as beiras para así non darlle máis oportunidade de que se expoña deixala soa, en resumidas contas. Témome que non podo facelo dixo Winterbourne Gústame en extremo. Máis razón aínda para que non a axude a convertirse nun escándalo. Non haberá nada escandaloso nas miñas intencións cara ela. Dende logo que o haberá do xeito en que ela as toma. Mais eu dixen o que tiña na miña conciencia continuou Mrs Walker Se vostede desexa reunirse coa moza deixareino que baixe. A propósito, aquí ten vostede unha oportunidade. A carruaxe estaba atravesando esa parte dos xardín pincianos que colga sobre a muralla de Roma e da a fermosa Villa Borghese. Está bordeado por un parapeto enorme cerca do cal se atopan varios asentos. Un dos asentos, na distancia, estaba ocupado por un cabaleiro e unha dama, cara os que Mrs Walker empezou a menea-la cabeza. Nese mesmo momento estas persoas erguéronse e camiñaron cara o parapeto. Winterbourne pedíralle ó cocheiro que parase; agora descendía da carruaxe. A súa acompañante mirouno en silencio un momento; logo mentres el sacaba o chapeu, marchou maxestuosamente na carruaxe. Winterbourne quedou alí parado. Volvera o seu ollar cara Daisy e o seu cabaleiro. Evidentemente non viran ninguén; estaban demasiado ocupados un co outro. Cando chegaron ó baixo muro axardinado quedaron mirando un momento cara as enormes cubertas de piñeiro da Villa Borghese; logo Giovanelli sentou familiarmente no amplio borde da muralla. O sol do oeste no ceo en frente enviaba un raio brillante a través dun par de columnas que as nubes formaban; neste momento o acompañante de Daisy colleulle o parasol e abriuno. Ela achegouse un pouco máis e el sostivo o parasol por riba dela; logo, aínda sosténdoo, deixouno repousar sobre o ombreiro dela, de xeito que as dúas cabezas quedaron escondidas da mirada de Winterbourne. Este mozo tardou un momento, logo comezou a andar. Pero andou non cara a parella co parasol senón cara a residencia da súa tía, Mrs. Costello.
4Congratulouse de que ó día seguinte non houbo risa ningunha entre os criados, polo menos cando el preguntou por Mrs Miller no hotel. Esta dama e a súa filla, sen embargo, non estaban. E ó día seguinte, despois de repeti-la visita, Winterbourne volveu te-la desgracia de non atopalas. A festa de Mrs Walker celebrouse na noite do terceiro día, e a pesar da frixidez da súa última entrevista coa anfitriona, Winterbourne figuraba ente os invitados. Mrs Walker era unha desas mulleres estadounidenses que, mentres residen no extranxeiro, esfórzanse, en palabras dela, en estudia-la sociedade europea. Nesta ocasión recollera varios especímenes de mortais de diversa orixe para serviren, en certo xeito, como libros de texto. Daisy Miller non estaba cando chegou Winterbourne; pero un intre despois viu que a nai entraba soa, moi coitada e pesarosa. Mrs Miller levaba o cabelo arredor das tempas, que quedaban expostas, máis crecho ca nunca. Según se ía achegando a Mrs Walker, Winterbourne tamén se arrimou. ¿Non ve?, veño soa. dixo a pobre Mrs Miller. Estou tan asustada; non sei que facer. É a primeira vez que veño soa a unha festa especialmente neste país. Quería traer a Randolph ou a Eugenio, ou a alguén, pero Daisy fíxome vir soa. Non estou afeita a vir soa ós sitios. ¿E a súa filla non ten pensado honrarnos coa súa presencia? demandou Mrs Walker, de xeito grandioso. Ben, Daisy está toda vestida dixo Mrs Miller, con ese acento de historiadora imperturbable, se non filosófica, co que sempre informaba dos incidentes presentes da carreira da súa filla Vestiuse a propósito antes de cear. Pero ten alí un amigo dela. Ese cabaleiro o italiano que ela quería traer. Empezaron a toca-lo piano. Parece que non o daban deixado. Mr Giovanelli canta esplendidamente. Pero supoño que non tardarán en vir concluiu Mrs Miller esperanzada. Sinto que veña dese xeito. dixo Mrs Walker. Ben, díxenlle que non valía de nada vestirse antes de cear se ía estar esperando tres horas respondeu a mamá de Daisy Non vía por que tiña que poñer semellante vestido para estar sentada con Mr Giovanelli. ¡Isto e do máis horrible! dixo Mrs Walker, dando a volta e dirixíndose a Winterbourne. Elle safiche. É a súa venganza por aventurarme a contradicila. Cando veña non penso dirixirlle palabra. Daisy chegou despois das once, pero en ocasión semellante non era ela moza que esperara a que lle falasen. Avanzou con radiante encanto, sorrindo e charlateando, portando un enorme ramo de flores e escoltada por Mr Giovanelly. Todo o mundo deixou de falar e deu a volta para mirala. Veu directa a Mrs Walker. Se cadra pensou que nunca ía chegar, por iso enviei a mamá para que llo dixera. Quería facer que Mr Giovanelli practicase algunhas cousas antes de vir. Sabe que canta marabillosamente e quero que lle pida que cante. Este é Mr Giovanelli. Sabe que llo presentei. Ten unha voz lindísima e coñece un repertorio de cancións do máis adorable. Fíxenlle practicalas esta noite adrede. Pasámolo de marabilla no hotel. Daisy expresou todo isto coa mais doce e radiante audibilidade, mirando agora á súa anfitriona, agora arredor da estancia, ó tempo que daba unha serie de pequenos toques nos ombreiros, nas beiras do vestido. ¿Está alguén que coñeza? preguntou. ¡Creo que todo o mundo a coñece! dixo Mrs Walker con intención, e logo saudou precipitadamente a Mr Giovanelli. O cabaleiro comportouse galantemente. Sorriu, fixo reverencias e amosou os seus brancos dentes, atusou o bigote, rolou os ollos e fixo tódalas funcións propias dun italiano xentil nunha festa nocturna. Cantou, moi fermosamente, media ducias de cancións, aínda que Mrs Walker declarou despois que non dera sabido quen llo pedira. Aparentemente non fora Daisy a que lle dera as ordes. Daisy sentou a distancia do piano e, aínda que profesara publicamente, ou así pareceu, unha grande admiración polo seu canto, púxose a falar, e non de xeito inaudible, mentres el cantaba. E unha pena que estas estancias sexan tan pequenas. Non se pode bailar dixo a Winterbourne, coma se o vira hai cinco minutos. Non sinto que non poidamos bailar respondeu Winterbourne Eu non bailo. Claro que non baila; vostede é demasiado estirado dixo Miss Daisy Espero que disfrutara do paseo con Mrs Walker. Non, non disfrutei; prefería pasear con vostede. Separámonos, iso foi moito mellor dixo Daisy ¿Pero escoitou algunha vez algo tan impropio como que a Mrs Walker me quixese facer entrar na súa carruaxe e deixar ó pobre Mr Giovanelli, e coa excusa de iso era o correcto? ¡A xente ten ideas ben diferentes! Sería do máis ingrato. Levaba dez días falando dese paseo. Non debería terlle falado diso en absoluto dixo Winterbourne el nunca lle proporía a unha moza deste país pasear con el polas rúas. ¿Polas rúas? Berrou Daisy, co seu fermoso fitar. - ¿E logo onde lle ía propor que paseasen? O Pincio tampouco non son as rúas; e eu, gracias a Deus, non son unha moza deste país. As mozas deste país, polo que eu vexo, pásano terriblemente mal. Non vexo por que teño eu que cambia-los meus costumes por culpa delas. Témome que os seus hábitos son os de unha frívola coqueta dixo Winterbourne seriamente. Claro que o son berrou ela volvendo a fitar nel cos seus sorrintes olliños ¡Son unha coqueta temerosa e desagradable! ¿Escoitou algunha vez falar de algunha rapaza xeitosa que non o fora? Mais supoño que me dirá agora que eu non son unha rapaza xeitosa. Vostede é unha rapaza moi xeitosa, pero oxalá coquetease comigo, e comigo somentes dixo Winterbourne. Ai, gracias, moitísimas gracias. Vostede é o último home co que se me ocorrería coquetear. Como xa tiven placer en comunicarlle, vostede é demasiado estirado. Vostede di iso con demasiada frecuencia dixo Winterbourne. Daisy boutou unha gargallada de deleite. Se tivese a doce ledicia de facelo anoxar, diríao outra vez. Non faga iso. Cando me anoxo son aínda máis estirado. Pero se non coquetea comigo, por favor, polo menos deixe de coquetear co seu amigo do piano; aquí non entenden este tipo de cousas. Ben pensei que era esta a única cousa da que entendían exclamou Daisy. Non con mozas solteiras. Paréceme moito máis apropiado en mozas solteiras que en vellas casadas declarou Daisy. Ben dixo Winterbourne cando un trata coa xente de aquí téñense que segui-los costumes do lugar. Coquetear é un costume puramente estadounidense. Aquí non se leva. Por iso, cando vostede se deixa ver en público con Mr Giovanelli e sen súa nai ¡Deus! ¡Pobre nai! Interpuxo Daisy. Aínda que vostede estea coqueteando, Mr. Giovanelli non o está. El quere algo máis. Vostede non está predicando en absoluto. dixo Daisy con vivacidade E se vostede quere sabelo, ningún de nós anda a coquetear. Somos demasiado bos amigos para iso. Somos amigos moi íntimos. |